El viernes,  5 de enero de 2007 a las 12:16:09 +0100, mvillarino escribía:

> A posición de jtarrio no sentido de "como me toquedes unha letra do debconf 
> ou 
> do debian-instaler, voume" non me parece correcta. Aceitar, hai que aceitar 
> polvo como animal acuático, non vou ser eu quen se enfarrague mais do que 
> está, pero case é unha chantaxe. Sobre todo se pensamos que o único que é 
> realmente parte de Debian son as dúas seccións mencionadas, o resto ven dos 
> proxectos orixinais.

 Non é chantaxe. Chantaxe había ser coma dixera "borro todo o que hai e
marcho". Non sendo así, eu son só unha persoa, así que non había ser difícil
substituírme se se dera o caso.

 Pero vaia, só é un xeito de dicir "se o fan outros, eu non o vou facer",
igual que pasou coa tradución de Firefox (só volvín facela ao ver que os
outros non a facían, e parei cando mancomún importou a miña para faceren a
tradución de 2.0), non unha ameaza. Só un aviso...

 E quedan máis cousas. A web, os manuais do instalador (xa que eu non os vou
traducir) e as "release notes", as descricións dos paquetes, ...

-- 
   Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/

Responderlle a