O Xoves, 11 de Xaneiro de 2007 22:10, suso.bale...@xunta.es escribiu: > [.....] pero non tiña constancia > de que existise proposta algunha, alén de facilitar unha canle de > comunicación para evitar desavinzas como as que provocaron a reunión. E > na lista de trasno entrei cando as xornadas do concello de compostela, > de xeito que nunca cheguei a recibir esa proposta da que falas e > tampouco está (ou eu non a atopei) na web de trasno.
De consultares os arquivos de trasno, terías lido o seguinte: «- Que entre os proxectos de futuro existe vontade de [.....]. Forneceranse «recursos na rede mediante a creación dunha "forxa" para todos os grupos que «participen na elaboración de distribucións, na tradución, no desenvolvemento «de aplicacións, na elaboración de conferencias, coloquios ou seminarios, e, «en xeral, nas asociacións actuais. « «- Existe disposición de colaborar connosco para acadar a localización «completa: atenderanse dentro do posíbel as nósas peticións (axuda técnica, «elaboración de plugins, organización de seminarios de tradución, servidores, «a futura forxa, un servicio ou persoa para revisión lingüistica para os «tradutores ...). [.....] Nota para non iniciados: >>Proposta concreta: consensuar un fluxo de traballo no proceso de tradución, >>englobando desde a xerazón do ficheiro pot, até a obtención dun ficheiro po >>coas cadeas visadas, que permita o traballo tanto con ferramentas offline >>como web, que minimice os esforzos administrativo (isto é, que >>(semi-)automatice cousas como a sincronización cos repositorios oficiais, >>etc), e do mantenedor do ficheiro. > En calquera caso o que comentas parece unha boa idea. Creo que > resultaría útil que: > > 1. Enviar a esta lista esa proposta, se hai algo máis do que > escrebeches arriba. Non hai máis. Teño a miña ideia, pero é iso, só miña. > 2. Sobre todo, contar cómo vai esa proposta. Houbo algún avanzo? Algún > atranco? De referíreste a 1., a anterior resposta responde a isto. De referíreste ao falado na reunión, clama chicha. A seis/oito meses de kde4, e case meio ano despois, seguimos sen dispor dun plugin de hunspell para a nosa plataforma de verificación ortográfica ( o kspell2), o que nos deixa, como comentabamos precisamente onte xabi e máis eu, nunha situación delicada, e traballosa para facer as correizóns precisas. Da forxa só sei que se abriu unha rolda como esta en mancomún, pero máis nada. Da asistencia para a revisión lingüística o único é que se nos informou dunhas ligazóns, en particular a termigal, pero eu vexo iso como insuficiente, escepto talvez para revisar un glosario (non se pode pretender revisar +120000 mensaxes, con unhas 800 000 palabras, consultando nunha web) E do resto pois iso, calma chicha. -- Best regards MV ><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> Public key available at www.keyserver.net GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE
pgpUl9NTVhDg7.pgp
Description: PGP signature