O Mércores, 14 de Marzo de 2007 10:20, Daniel Muñiz Fontoira escribiu:
> Parece interesante para unha primeira tradución.

Por suposto, todo sistema automático debe ir seguido dunha posterior revisión 
feita cadea a cadea pola persoa tradutora.

O interesante disto é que permite resolver varias cuestións:

1- Como xa se comentou  noutras ocasións, mesmo un dos traballadores de 
aten-ata na rolda de ferram_estrat en mancomun, dispór de este tipo de 
ferramentas que posibilitan a compartición de "corpora", sexan de termos ou 
de cadeas enteiras, é caseque imprescindíbel.
2.-Este sistema é automatizábel mediante xml-rpc, tanto desde o navegador como 
desde aplicacións específicas, polo que non está vencellado a un modelo de 
traballo concreto.
3.- Este sistema permítenos avaliar o custo dun servizo deste tipo: #90,00# 
€/ano. Moi lonxe do que adoita ser o contrato típico das administracións 
públicas. 
(puñalada: excepto cando se trata de contratar persoal para montar e 
administrar unha forxa; páganlles unha merda --o responsábel ás penas debera 
pasa dos mil euros/mes e os outros dous dubido que cheguen a eles--)

4.- Como se comentou en kde-i18n-doc, existe outra infraestrutura para 
artellar un mecanismo destes, baseado en mysql no cando de sqllite, que é o 
de Omnivore/Korrect, desenvolto pola equipa de tradución ao galés.


> mvillarino escribió:
> > Acabo de enterarme desta cousa mediante a rolda kde-i180-doc:
> > http://gl.open-tran.eu/
> >
> > Este é un sistema de base de dados de traduçons on-line para proxectos
> > oss. Pódese procurar tanto unha serie de palabras, como enviar un
> > ficheiro po para facer unha tradución automática.

-- 
Best regards
MV
><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º>
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE

Attachment: pgpJfFQ2JHmc9.pgp
Description: PGP signature

Responderlle a