Antón:
Guau! Queda bastante claro aínda que que son de ciencias (mais ben
puras) custame un montón isto das "irregularidades" aínda que neste caso
non o sexa senón que teñan orixe diferente. Desde logo explicacións coma
esta, para min sempre son interesantes. Que ven viñan unhas clases de
latin...
Curiosidade:
Acabo de estar mirando os meus dicionarios, os que uso son, o xerais
2003 (anticuado) o isaac (estravís do 1995) para min o mellor (magoa que
non sexa oficial) o da RAG castelán galego que a pesares de ter algunhas
faltas desde o meu punto de vista está ben xa que inclue algunha que
outra frase. Neste caso consultei "a rastro" que a min ensinaronme "a
resto", fun mirar se era valido e parece que non.

En fin, que non dou mais a bara.

Por certo, noraboa Marce!! agora non fagas coma min que desde que o
saquei o unico que levei foi a chalana a remos do meu avó, jajajaja.
(e xa me caduca para o ano, como pasa o tempo!!)

Saudos




Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


Antón Méixome escribiu:
> A cousa explícase desde o punto de vista histórico pola evolución do
> vocabulario.
> 
> En resumo, porque teñen orixes e evolución diferente.
> 
> Orixe:
> /extensĭo, -ōnis
> //extendĕre/
> 
> Comentario:
> 
> O substantivo e*x*tensión vén "directamente" do *substantivo* do latín
> E*X*TENSIO, mentres que o adxectivo "estendido" vén do *verbo* romance
> "e*s*tender" a partir do cal se crea un novo participio, "estendido",
> que, ao usarse para describir situacións, acaba por converterse para os
> falantes en adxectivo tanto ou máis que verbo (en participio). É unha
> situación moi común en galego por ter moitos dobretes nos participios
> (fritido-frito) que dan lugar a novos adxectivos e substantivos cando,
> ao mesmo tempo, mantén herdeiros dos antigos substantivos latinos.
> 
> O cambio do -X- polo -s- é simple:
> -X- é en realidade -[ks]-. Segundo o tipo de palabra (sen explicar máis
> profundidades agora) a evolución dese -ks- latino tomou dous camiños
> 
> a) Converterse no noso -x- (de xente): EXEMPLU(M) > exemplo
> b) Simplificar no -s- : EXTRA NEU(M) > estraño
> 
> Se te das conta en galego tamén temos "extenso" que non é exactamente o
> mesmo que "estendido". Extenso vén, pois, directamente do verbo latino
> antigo mentres "estendido" nace xa no verbo do latín moderno (isto é, no
> galego). Iso explica por un lado a diferenza da escrita e por outra a
> diferenza do seu significado:
> 
> Exemplo de uso:
> - A herba quedou estendida despois de dúas horas de traballo. (resultado
> dunha acción)
> - O campo é extenso coma o que máis. (descrición dunha cousa)
> 
> Como verás non son intercambiables.
> 
> Outros casos:
> 
> O mesmo pasa por exemplo con cinguir-cinguido-cinto,
> tinxir-tinxida-tinta, romper-rompido-roto, etc....
> 
> Espero que sirva.
> 
> Antón Méixome
> 
> 
> 
> 
> 
> Daniel Muñiz Fontoira escribió:
>> Como curiosidade:
>> extensión é con x
>> estendido é con s
>> algún linguista que explique isto???
>>
>> Saudos
>>
>> Por certo, non puiden ir á guademy, aínda que me gustaría ter ido no
>> lugar de pasalo no hospital coa miña dona, nada grave pero había que
>> estar.
>>
>>   
> 
> 

Responderlle a