pór é RAG ;-)
http://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego_-_Verbo#Po.C3.B1er_e_p.C3.B3r

Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


mvillarino escribiu:
O Domingo, 29 de Xullo de 2007 15:35, Leandro Regueiro escribiu:
Por último; escollín se cadra malos exemplos, referiame ó final a que o
que se debería buscar é que o resultado das tradución dea unha sensación
de coherencia para o usuario final, especialmente dentro dos proxectos
respectivos (léase KDE, Gnome...). Especialmente se queremos que as
plataformas libres sexan ó final empregadas por institucións coma a
Xunta necesítase isto e ademais, e por iso a miña insistencia nun tema
espiñento, a adhesión á normativa da RAG.
É cuestión de que se vaian sinalando os problemas para buscarlle unha
solución entre todos.

O problema, neste caso, son eu.

A ver, vou explicar o sistema que veño utilizando na actualidade.

-En xeral tento seguir os glosarios de trasno, despois o de mancomun e senón pois miro o estado da materia en open-tran.

-Plugin (ou plug-in) estou a traducilo como como extensión.

-Do de shapes, son da opinión de que aínda que existe unha tradución literal, "formas", debe analisarse se nun caso pontual o significado desa "shape" ten unha tradución mellor, se Miguel considera que é "Molduras", de acordo por min, quen está a revisar é el.

-Capitalize/case: non teño boas propostas.

-Criar: Non te preocupes polo de ofender, a estas alturas da xogada preocúpame ben pouco o o que a xente opine das miñas escollas léxicas. Eu son reintegracionista, aínda que ultimamente non se me note moito, e polo que comprobei ao longo dos ficheiros de KDE, son o único reintegracionista que os tocou. Con base nisto, podo afirmar con certeza cáseque plena que para converter do galego, ortograficamente isolacionista e lexicamente reint. a un galego plenamente ralg, o que hai que facer é cargar o xestor de catálogos e realizar as seguintes substitucións (coa ferramenta "Substituir nos ficheiros", do menú de edición):
Procurar / substituir :

pór             poñer (nota, non estou certo de que "pór" non sexa ralg)
componente      compoñente
dispon*         dispoñ* (en disponíbel, disponibilizar, e derivados)
estabele*               estable*
carreg*         carg*
criar           crear (e conxugacións)
conexón*                conexión*
*imento         *emento
propr*          prop*

e un grupo moi reducido de outras que agora non lembre. Con isto resolveríase o +95% do reintegracionismo que poda ficar en KDE, usando os ficheiros po que teño eu (enviados a xgf e algunha modificación/adición máis).

Respeito do da unificación gnome/kde, pois sí, estaría ben, pero non é algo que me resulte especialmente preocupante, tampouco estou a favor da "limpeza étnica" no campo do léxico, a min non me importa que se me substitúa nengunha das palabras anteriores, pero si vería mal que se obrigase a traducir dun xeito dado tal que, habendo máis dun vocábulo galego, algún deles resultase excluído, por exemplo "window" sempre como ventá, fiestra ou xanela. Neste sentido creo oportuno recordar o que dicía Guido van Rossum na guía de estilo de Python: Tan importante como seguir as normas de estilo é saber cando non seguilas.

Un exemplo disto é, "overscan": para un programa como kdetv, destinado a ser usado por persoas coma min, que deben ler o manual da tv cada vez que sintonizo unha canle, non traducir ese termo sería un erro. Agora, para un programa de edición de video destinado a montadores afeizoados ou profisionais, con coñecimento da materia, podería usarse sen problema. Outro exemplo será a propria "window": coa de tipos de tamaños de áreas rectangulares (mainwindows, errormessage, etc), poderíase especializar cada un dos termos.

Polo que se refire á xunta, non me preocupa que o usen ou non, en Galiza non hai empresa nengunha que apoie o desenvolvimento de KDE, no entanto que si o hai de gnome, e non irán apoiar a KDE nunca, a non ser ao xeito simbólico dos políticos: na foto. As reportaxes aparecidas na Voz hai unhas semanas reforzanme nesta crenza.

En resumo: que sigo nos meus trece, facendo en esencia o que me sai do c*****o, pero non me importa que se me corrixa, axudarei nisto o que poda, pero non o farei eu.

Responderlle a