> >> cal sería o problema para traducir feed por alimentación?
É demasiado literal, no caso inglés é unha 'metáfora' que tampouco acae 
ben ó que expresa. 'Feed' refírese a unha tecnoloxía de distribución de 
contido web mediante un formato de sincronización coma o RSS ou o Atom (+-). 
Eu inclínome polas idea das 'fonte de novas...'. 

> >> E respecto de seed,
> >> non se podería usar xerme, xermolo ou embrión (mesmo gromo, 
abrocho...)?

aparte de que xerme ten connotación no campo da microbioloxía, lol; nas 
traduccións está bastante estendido o de 'semente'. No protocolo bittorent 
queda ben a tradución xq se refire primeiro á persoa que crea o ficheiro 
bittorrent que dá orixe a que outra xente descargado ese ficheiro acceda ós 
datos completos (Recollendo a 'semente' 'agroman' os datos) e logo á xente 
que ten todos os datos completos e os está a distribuír. 

Se semente se usa aquí non se debería usar para cuestións de sindicación 
(ie. para feed, IMHO)

> > Son máis opcións. Parceiro foi a tradución proposta por Marce para
> > peer e que eu uso a miúdo, ainda que non se ve moi a miúdo unha cadea
> > na que apareza peer.

Parceiro paréceme moi acertada. Lit: 

1 s DER Persoa que leva unha terra en contrato de parzarí­a. 
2 s Persoa coa que se comparten propiedades, negocios, intereses ou 
divertimentos.

No protocolo bittorrent, son os usuarios que reciben os datos que están sendo 
compartidos polas sementes (seed/peer). Así que sendo unha 'unión' de 
usuarios por motivos interesados o termo paréceme axustado. 



Responderlle a