-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
Hash: SHA1

Ben,

blogroll: Eu traduciriao tal cual, lista ou listado de blogues. Ainda así gústame manter a adaptación blogmillo (sen "o" intermedio!), pola referencia "histórica" do termo (http://todonada.blogspot.com/2003_12_01_archive.html#107151470829394192) e que ainda poda parecer que se restrinxe ó ámbito galego... eu non o creo así.

trackback e pingback: Sen entrar en disquisicións históricas e o lío co pingback (trackback é un concepto que inventaron os de Six Appart, creadores do Movable Type. Ver http://www.sixapart.com/pronet/docs/trackback_spec) Eu decidira traducir trackback por rastro e pingback por aviso, tamén de xeito unilateral e mantendo entre paréntesis estas nomenclaturas, para clarificar o cambio. A grandes rasgos o pingback permite que certos sistemas de xestión de contidos "avisen" ás fontes de orixe cando hai unha ligazón dentro dun artigo. É dicir, se eu escribo nun artigo dun blogue http://www.mancomun.org, se o meu blogue o permite enviará un aviso (automático) a ese enderezo, o cal, se tamén é un CSM que permita pingbacks rexistrará (normalmente coma un comentario) a referencia que eu fixen.

No caso dos trackbacks o proceso é menos automático. Normalmente os xestores teñen un cadro onde rexistrar a qué ligazóns fago referencia nos meus artigos e igualmente serán notificados eses sitios, os cales poden despois extraer un listado daquelas outras webs que os referencian.

Agardo non ter sido moi lioso.

Sobre blog... eu xa quedei con blogue, salvo que ningúen diga o contrario.

Leandro Regueiro escribiu:
| On Tue, May 27, 2008 at 8:28 PM, Amador Loureiro Blanco
| <dor...@adorfunteca.org> wrote:
|> Por continuar coa terminoloxía "blogueira", podes aproveitar para preguntar
|> por blog, blogroll, trackback, pingback,... mmm... Agora non se me ocorren
|> máis!  (que igual xa teñen traducción oficial que descoñezo!)
|
| Penso que o mellor ha ser intentar solucionar as dúbidas aquí, e no
| caso de que a cousa non saia adiante, pedimos axuda na lista,
| parécevos?
|
| Blog traducímolo sen traducilo :)
|
| blogroll, trackback e pingback haberá que debatelos. Definición destas
| cousas, por favor. A medida que atopedes dúbidas apuntádeas para
| preguntalas despois. Se tedes máis dúbidas enviádeas.
|
| Ata logo,
|                    Leandro Regueiro

- --
Amador Loureiro Blanco -dorfun- http://www.adorfunteca.org
-----BEGIN PGP SIGNATURE-----
Version: GnuPG v1.4.6 (GNU/Linux)

iD8DBQFIPF04WO+bHOUHl3MRAsn6AKC9WdtfF3wZwBwF4d2YH4D4BLqNJgCcCSf/
h9TopHZ2yNaCf4dSG1wHWiI=
=uPn8
-----END PGP SIGNATURE-----

Responderlle a