2008/5/30 Antón Lado <ladoun...@yahoo.es>:
> A discusión sobre FEED RSS non é nova, e con solucións normativas
> contraditorias. Explícome:
> Alá por xaneiro de 2007, un grupo de persoas que estabamos traballando no
> Firefox e no Thunderbird fixemos unha consulta a Termigal e, logo de varios
> intercambios de correos, chegouse  á proposta "Agregador de novidades" (que
> lle gañou a partida á súa competidora directa "Lector de novidades"
> --sorprende que nos corpus avalados por esta entidade apareza solucións
> dispares --), dado que o que fai esta función é obter información de sitios
> web e que nos apareza directamente no noso correo electrónico, no noso
> dispositivo de sindicación (outro bonito palabro) a unha canle RSS, na
> interface do noso navegador, etc., e actualizala sen ter que entrar
> directamente en cada sitio web. O seu uso é gratuíto e moi sinxelo, e aforra
> tempo de navegación.
> ________________________________
> Se este é o concepto que está enriba da mesa, as opcións parecen as
> seguintes:
> Agregador de novidades / Lector de novidades
> Agregador de novas / Lector de novas
>
> Hoxe calquera versión dun xestor de correo ou dun navegador permite esta
> opción e son moitos os webs que inclúen o servizo, normalmente indicados con
> este simboliño http://www.undercurrents.org/visionon/rss.png
> acompañado de RSS
>
> Existen tamén aplicacións web que se dedican exclusivamente a proporcionar
> este servizo, e que ben poden servir para ilustrar a proposta Agregador
> de... ou Lector de...
> A seguir van unhas cantas das máis destacadas, entre a inxente cantidade de
> aplicacións deste tipo:
>
> http://feedburner.com
> http://mappedup.com
> http://bloglines.com
> (deste último envío unha imaxe que deixa ver ben ás claras, creo, a que nos
> referimos)

Tamén se podería falar do Google Reader, ou de programas de escritorio
coma o Liferea, pero non sei se isto ven moito ó caso. Polo que vexo
as opcións xa son bastantes máis das que eu cria que ían aparecer en
principio, reenvío a trasno...

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a