kde 4.1 acaba de ser anunciado: 

http://kde.org/announcements/4.1/

co lema de "Non miredes atrás".

Simplemente, impresionante, o que se traballou en KDE nos úlimos meses non ten 
nome. Podo dar fe diso, pois levo usando KDE 4.0 dende Xaneiro (minto, dende 
as RC de Decembro) e KDE 4.1 dende a Beta1.  En KDE 4.1 os fallos son raros, 
senón infrecuentes, a estabilidade moi boa, o consumo de memoria baixo 
(incluso co esritorio a tope de "plasmoides"), os efectos de ventás bos e 
rápidos en xeral, e o escritorio elegante e moi modificable. Os fallos ou 
programas que se botan de menos, IMHO, son mínimos ou menores. 

 (Nota. abteñanse eses que comprades tarxetas NVIDIA de instalar ó compulsivo, 
soe dar problemas con KWin, éche o que teñen as compañías FOSS-agnosticas). 
Hai liveCDs dispoñibles producidos por Opensuse. 

O mellor de todo é que demos traducido ó Galego ó 100% a base, ó 92% o global.


Responderlle a