O Wednesday 30 July 2008 00:34:43 mvillarino escribiu:
> O Martes 29 Xullo 2008 19:18, Miguel Branco escribiu:
> > co lema de "Non miredes atrás".
>
> Vale logo, miremos cara diante...
>
> Se mirades no top-10 das traducións de 4.1 veredes que caimos ao posto 18,
> arrastrados sobretodo por KDEEDU, e en moita menor medida por kdepim, que
> grazas ao traballo de Xosé está a ver completada e moi mellorada a
> tradución.
>
> Se miramos cara a seguinte versión vemos que en 4.2 temos esencialmente os
> mesmos problemas, e adicionalmente o koffice tamén mostra dificultades,
> concentradas en kspread.
>
> Logo as conclusións son ± evidentes:
>
> Na gui:
> -Debemos completar koffice, antes da publicación de koffice2, (Miguel)
> -Debemos seguir atacando kdepim (Xosé)
> -Debemos atacar os ficheiros novos que apareceron para 4.2 (Marce)
> -Debemos atacar kdeedu (quen chegue antes, escolle; admítense novas
> incorporacións[1])
>
> En outras áreas:
> -Hai que ter os ficheiros de kdelibs/kdoctools precisos para que certos
> textos da documentación estexan en galego (por exemplo: índice, capítulo, e
> cousas así).
> -Hai que ir atacando a documentación.

100% dacordo!

Esta semana non vou estar, pero á volta das micro-vacación  intetarei ter 
Koffice, e de Kdeedu os paquetes de Parley, Kgeography e Kmplot. Estarei 
sempre con Koffice, e irei collendo, segundo avise, os outros. 

> Adicionalmente, eu márcome o reto persoal de ir porteando a 4.1 o traballo
> novo que se faga en 4.2, para que a xente se poda concentrar en trunk.
agradécese!

> [1] Vou pedir colaboracións á lista softlibre-edugal.
>
> >  (Nota. abteñanse eses que comprades tarxetas NVIDIA de instalar ó
> > compulsivo, soe dar problemas con KWin, éche o que teñen as compañías
> > FOSS-agnosticas).
>
> Vaia, xusto a que teño no portatil é unha desa marca.


Responderlle a