O Friday 08 August 2008 10:25:34 Leandro Regueiro escribiu:

> >> Respecto do tema das prácticas e créditos de libre, o da asociación
> >> habería que miralo, alguén ten idea de que hai que facer para
> >> constituirse e que hai que facer para manterse??
> >
> > Inscribirse no rexistro de asociacións da xunta, elaborar un estatuto,
> > nomear un presidente, un vogal e un tesoureiro e, creo, facer a
> > declaración cada 3 meses.
>
> E hai que reunirse ou algo así, cada x tempo? Por declaración que
> queres dicir? O vogal para que demo serve? Haberiase que reunir tres
> ou catro para falar disto en persoa que sempre é máis rápido e mellor.

non o sei exactamente, creo que día pasei a ligazón á lei orgánica da Xunta 
que regula isto. Buscarei + info sobre disto.

> >> Haberia que mirar
> >> normativas das universidades sobre o tema este, eu non teño nin idea
> >> de por onde comezar, pero agora non é que me sobre o tempo para buscar
> >> e ler.
> >
> > Compete a cada universidade. A empresa tense que dirixir á Uni e logo
> > esta ofrece un plazo de incripción para "praciticas de empresa", logo
> > cada departamento de facultade asigna que persona a que posto que a Uni
> > poida ter. +-.

> Eu non estaba falando de prácticas en empresa, estaba falando de dar
> cursiños coma os dunha semana que dan no edificio de investigación de
> aquí ó lado, diante de económicas. Por cada cursiño deses dan un
> crédito de libre, e hai que ir alí ás clases. Con dicirche que dan
> cursiños de photoshop, creación de páxinas web, e cousas así, non creo
> que haxa problema por chantar un cursiño de tradución de SL. O caso é
> que haxa alguén de Trasno disposto a queimar as cellas alí, e que na
> uni acepten que enviemos a alguén Trasno para ocuparse do choio.

vale, eu enlazaba co q preguntaba Susana disto.

Entendo que ós cursos ós que te refires ti teñen que sere organizados por 
Rectorado, e para facelo habería q pedir nalgún departamento que o xestionen. 
Sen ser asociación, de todas todas véxoo complicado; inda que se pode 
probar.Igual Mancomun nos pode axudar aquí?. Non?, suso (PD: ídesvos aburrir 
de nós, lol)

> >> Respecto ós créditos de libre, se non fora con prácticas en
> >> empresas, ou algún tipo de choio de mancomún, poderiamos mirar de dar
> >> nós algún tipo de obradoiro ou algo así (se fora posible e houbera
> >> xente disposta).
> >
> > Si, poderiamos contactar cos grupos de Linux e falarlles disto. Eu o máis
> > cerca é o de Ordes e poderia poñerme en contacto con eles para organizar
> > algo. Tamén hai os d'A Coruña... A min non me importa facer  cousas
> > destas de cando en cando.
>
> Eu no referente a obradoiro falaba de obradoiro para os créditos de
> libre, ou sexa, un cursiño deses. Ainda que un obradoiro nunhas
> xornadas organizadas por un grupo de usuarios non estaria mal. A min
> tampouco me importaria facelo, o que me custa é poñerme a elo :)

falarei cos e Ordes, xq sei que teñen dado charlas en Institutos...

> >> Os dos ciclos de FP fan as prácticas onde poden,
> >> moitas veces onde lles mandan (como desgraciadamente me pasou a min).
> >>
> >> Respecto do tema de distorsión, é certo, pero se o seu traballo remata
> >> en memorias de tradución, ou traducen cousas que non cambian a miúdo,
> >> as traducións manteranse durante moito tempo, e poderase dicir que
> >> realmente fixeron algo útil. Creo que a documentación cambia máis
> >> lentamente, e agora que estamos a ver se nos poñemos con ela penso que
> >> poderia ser boa idea metelos a traballar aí, se realmente todo isto
> >> vai para adiante. Se mandades ós novos a KDE ou Gnome que será dos
> >> demais proxectos?
> >
> > Eu creo que inda hai choio nas interfaces xq requiren dun mantemento
> > periodico e constante. Tampouco creo que a documentación sexa pra
> > novatos. Creo que antes da documentación viria conseguir un sistema
> > completo (=2 ou 3 das mellores distros ó 100% + KDE/Gnome 100%). Nas
> > distros, pareceme que deberíamos centrarnos en debian (alguén vai facer
> > debian?), ubuntu (por aclamación popular), fedora e opensuse.
>
> Umm, estou de acordo contigo, pero se chegamos a ter o 100% mantelo
> vai custar un ollo e parte do outro. Debian vexoo factible, e alguén
> terá que collelo agora que se nos vai Jacobo. Eu teño pensado pasarme
> definitivamente a Debian a comezos do novo curso e se non hai problema
> estaria disposto a poñerme.

4 distro é MOI ambicioso, eu x min eliminaba da lista pero... Ubuntu ten o 
sistema de tradución que ten (web, sin faldas y a lo loco, sorry, colegas de 
Ubuntu), Debian é a máis interesante para as institucións (e non sei xq, me lo 
expliquen por favor), e opensuse e fedora paréceme que está tanto na vangarda 
de Linux agora mesmo coma Ubuntu (véxase, on-click-install ou q a primeira en 
incorporar KDE4 foi fedora).
 

> openSuse require moito traballo de desbrozamento ainda, pero calculo
> que se chegamos ó 100% non custará máis dun mes de traballo tódolos
> anos mantelo aí. Fedora véxoo chungo, hai que desbrozar moito tamén,
> pero a diferencia de openSuse ninguén se da posto a elo. Hai ou habia
> un mozo que queria meterlle man, pero non sei como está iso agora
> mesmo. Ubuntu a verdade é que non sei nin a que porcentaxe está, a
> diferencia entre o que é Ubuntu e o que non é, é moi difusa, en todo
> caso creo que levan moito feito e tampouco deberia custar moito
> traballo.

Eu, me maten, non dei atopado as estatísticas da cousa esa marrón. Teñen 
páxina adicada exproceso a dicir que idiomas están traducidos ou non?

> KDE estades a elo e penso que o ides conseguir, pero como xa dixen, se
> quitamos tradutores de aí a cousa igual baixa. Gnome está moi arriba
> pero na parte extra a cousa pinta moi mal, se lembro ben. Xfce seria
> factible telo ó 100% cun único tradutor traballando de cando en vez,
> pero antes hai que chegar ó 100%, pero tamén é certo que non é un
> ambiente de escritorio moi usado.

en KDE fai falta xente pero tamén se pode compatibilizar cunha distro ou algo 
máis coma programas de 500-2000 cadeas.

> A min gustariame poñerme a isto e a aquelo, 

idem

> pero con tantas cousas que
> teño xa nas mans, case me estou volvendo tolo atendendo isto e mailo
> outro. Pensei en desfacerme de Mandriva, xa que despois de todo non é
> unha distro moi usada, e igual atopo alguén disposto a coller a
> tradución e seguir, e tamén pensei en pasar de Fedora. En Trasno hai
> xente usando debian, opensuse e ubuntu, e non é por nada pero
> preferiria centrarme nas distros que máis nos beneficia ter traducidas
> ós trasnegos, xa que non nos pagan polo menos beneficiarnos dalgún
> xeito :)

 mandriva ten fama entre o populacho de a mellor para non iniciados pero creo 
que en uso Ubuntu gánalle en novos usuarios

Responderlle a