>> Penso que o proxecto este onde anda tsao debe ter. Polo demais hai
>> unha utilidade chamada "po 2 all", ou algo á maneira, da que falou o
>> andaluz da g11n, que serve para pasar de man a po e vice versa.

O equipo francés (unha persoa) usa o po4a (http://po4a.alioth.debian.org/).

>> Até onde eu sei, as páxinas man son moi estábeis, e deberían ser
>> bastante intercambiábeis (refírome a que a páxina man do comando "ls"
>> da gnu debe ter moito en común coa páxina man do comando "ls" de bsd.)
>
> Atopei o proxecto das páxinas de linux: ls, cat...

Pois non, non o atopei. O proxecto
(http://www.kernel.org/doc/man-pages/) só se ocupa das sección 2, 3,
4, 5 e 7, pero non da sección 1 que é onde están as utilidades de
usuario (ls, cat...). Creo que ditas utilidades, ou a maioria delas,
están incluidas no paquete coreutils. Estou contactando con outra
xente a ver como se faria para traducir. Igual Jacobo nos pode
comentar se cando el traducia dito paquete no TP se encargaba tamén
das páxinas man. Ademais quedan as sección 6, 8 e 9.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a