2008/9/5 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>: > 2008/9/5 Anton Méixome <meix...@mancomun.org>: >> Moi interesante, >> >> En principio pode parecer moito diñeiro. Só con pensalo un pouco xa se ve >> que resulta unha cantidade modesta aínda que faltan bastantes datos para >> valorar ata onde vai traballar a toponimia mundial. >> >> Supoño que non se tratará dun traballo só de compilación do que hai, que >> tamén, senón que en moitos casos será de auténtica elaboración de solucións >> (Asia, África... abrumador) por moito que a CRTVG teña sen dúbida o maior >> fondo de toponimia internacional en lingua galega, porque leva máis de 20 >> anos elaborando información internacional na nosa lingua. Agora suponse que >> se trata de dar tamén un paso definitivo de "fixación" para o estándar ao >> facer un proxecto terminolóxico específico e público. > > Si, penso que eses cartos ata poden ser poucos, só puxen a cifra para > facer ver que isto non vai ser unha especie de operación a medias. E > sen dúbida a participación da CRTVG é importante, xa que como > comentades ten moita experiencia nisto. > > Agardo que nós poidamos colaborar, ou polo menos obter toda esa > información a medida que se vai fixando para incorporala ás nosas > traducións, e ir creando recursos para nós. > > Respecto do da colaboración penso que o da carta é boa idea, pero > ademais un pouco de presión institucional tamén estaria ben. Ademais > poderiase falar de intentar o mesmo cas moedas, linguas, xentilicios, > etc, xa que só parece que se van centrar nos topónimos (estados, > rexións e cidades creo).
Ademais non estaria mal que publicarades a nova sinalando o interese da comunidade de tradutores en colaborar no proceso e en dispoñer dos recursos. Ata logo, Leandro Regueiro