Probeino brevemente  co paquete de Ubu  (si, volvín caer e teño un destes no 
dual boot) e é aparentemente estable e completo (seguindo so estándares dos 
gnomos, BTW). E, vaia, creo que todos che damos o aplauso!

Non sabes o que se agradece o plugin de OPENTRAN!!, teño que probalo, isto si 
que n'o vira! e o da lingua alternativa!! (síntoo pero.. teño q encher un bug 
para o Lokalize pedindo isto!!, hehe)

Douche ideas para seguir mellorando a app:

1. tradución automatizada  baseándose en catálogos de .pos e ou memorias (non 
se isto está xa), = ca en Kbabel, for instance
2. autocompletar as cadeas iguais cando se cubra unha exacta a esa
3. Marcar as cadeas autotraducidas como "revisar" ou similar, e modo de 
revisión en bloque de todas esas
4.Plugin de diccionarios online ou mesmo locais, con stardict. Tamén, xq non; 
unha opción para cando se pase por riba dunha palabra na cadea orixinal poder 
chamar pola tradución desta no diccionario
5. ahhh!, e tamén (pero creo que isto si que non gusta), soporte para o 
formato .ts de Qt. hehe (Isto si que vai máis ben para os de Lokalise) (inda 
que no translation project xa hai algo disto, un conversor, seica o soporte 
non é completo; tampouco o que digo vai x aquí)


Saudos!!

Responderlle a