2008/11/24 Miguel Branco <bandu...@gmail.com>

>  Boas,
>
> nada, que cheguei a casa do choio e tiña que me poñer a estudar ABE pero
> non me apetecía, así que dinlle voltas ó do logo e estiven pensando nu logo
> que fora simple, estilo profesional... así que decidín xogar co
> identificador do galego engadindo un punto { .gl }. Non me parei moito, que
> se lle poden engadir capas para dar efectos... só é un bosquexo.
>
> Véxolle dúas vantaxes ó logo, que é fácil de reproducir e é escalable (vese
> fácil co inkscape se lle dades a e - sucesivamente) pero tamén lle vexo dous
> defectos, que é un logo vertical e que o texto é malo de encaixar.
>
> Veña, agora as criticas e propostas alternativas (q xa hai algunha), :)
>

Está xenial! Se me permites fuchicar no teu traballo, eu escollería o tipo
de letra menos formal, e probaría a cambiar algo disposición para facelo
menos alto... aínda que me gusta mais a disposición orixinal. As cores xa
écuestión de xogar e de gustos
Por se serve de aportación :)

-- 

Xabier Villar

<<attachment: ologodostrasnosvariacionxv.svg>>

Responderlle a