Pois que estou co Kstars, completando o traballo que quedou tras do mantimento 
que lle fixo Xosé. Quedaron por traducir os nomes de constelacións definidas 
por culturas non greco-latinas (por ex. coreanas).
O procedimento que estou a empregar é o seguinte:
0) Localicei o nome dalgunha desas constelacións no Stellarium, e 
díxenme «Nada, nada, utilizalo como po auxiliar» pero resulta que o único 
idioma minimamente entendíbel que as tiña traducidas é o catalan.
0') Obtiven unha copia do ca.po do Stellariun (o ficheiro de outras culturas).
1) Por diferenzas no uso das maiúsculas, a tradución automática non funciona.
2) Teño abertas dúas fiestras do Kbabel, a do kstars.po e a do ca.po
2') Teño un konqueror con tres páxinas: o tradutor de softcatalá, un 
dicionario de galego e o wordreference.
3) O que fago é procurar o nome da constelación no ca.po, logo copio a 
tradución no tradutor de softcatalá, traduzo ao castelán, logo mentalmente ao 
galego e contrasto nos dicionarios que o obtido sexa correcto...

...facerse a picha un lío, que se dice...
ea, tranquilos que antes ou despois acabareino.
-- 
Best regards,
MV

Responderlle a