O Sábado 03 Xaneiro 2009 21:54, Javier Pico escribiu:
> Iso non se viña traducindo en castelán por "área de notificación"?
"área de notificación" é o que poñen en mancomún.

A min non me gusta nadiña: eu aló teño programas iconificados (agora mesmo o 
kwifimanager, kmix, akregator, kgpg, kget, ksynaptics, power manager, kmail, 
amarok e kwallet), e as notificacións aparécenme normalmente na outra punta 
do escritorio (en riba á esquerda) ou no centro deste.

En windows si, a cousa que está á dereita da "task bar" é chamada 
oficialmente "notification area", e cumpre a mesma función (desaturar a barra 
de tarefas quitándolle os programas que están activos pero que non precisan 
de fiestra).
No mac X esta función é asumida polo dock.
En gnome tamén se lle chama "notification area", segundo teño entendido, aínda 
que a tradución por "bandexa", tanto no portugués como no castelán é moi 
popular.

Agora, chamaríaslle "barras de tarefas" aos paneis do escritorio, en 
particular cando tes unha applet empotrábel nos paneis que se chama "task 
bar"? Entón por que lle chamar "área de notificación" a algo chamado "system 
tray" no orixinal?
-- 
Best regards,
MV

Attachment: pgpgfLB9toeE7.pgp
Description: PGP signature

Responderlle a