Tamém compre ter em conta o que dia própria RAG nas "Normas Ortográficas e
Morfolóxicas do Idioma Galego"[1]:

<<Para o arrequecemento do léxico
culto, nomeadamente no referido aos ámbitos científico e técnico, o
portugués será considerado recurso fundamental, sempre que esta adopción
non for contraria ás características estruturais do galego.>>


[1]
http://www.realacademiagalega.org/PlainRAG/catalog/publications/files/normas_galego05.pdf



> Concordo totalmente, o de que os franceses "inventaron o termo" e algo que
> xa tiña lido e ouvido, pero por non ten referencias documentais non quixen
> (atrevín) a comentar.
> Como xa comentei eu emprego computador / computadora, as razóns quedan
> aquí
> moi ben expostas.
>
> 2009/3/6 Karl García Gestido <karlgg...@yahoo.es>
>
>> O Xoves 05 Marzo 2009 21:48:30 damufo escribiu:
>> > mvillarino escribiu:
>> > > 2009/3/5 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>> > >> O recomendado no glosario de Trasno é "ordenador" mentres que no
>> > >> glosario de Mancomún aparece "computador" supoño que para manter a
>> > >> coherencia cas escolla feita para a tradución do Windows.
>> > >
>> > > Eu entendo que a forma de uso habitual é «Ordenador».
>> > > A ver, segundo ti, que posibilidades ten de callar e ser utilizado
>> de
>> > > xeito habitual por un grupo amplo da poboación galego-falante o
>> termo
>> > > «Computador»?
>> >
>> > Eu para elixir un termo fagoo en función de se me parece máis correcto
>> > que outro (ollo non son filólogo simplemente un aficionado e ademais
>> "de
>> > ciencias", polo que me equivoco moitas veces) e non en función de que
>> > máis ou menos xente o use (non sei cantas veces comentei isto na
>> > lista)(canta xente usa ou fala galego normativo? Se imos usar o que
>> todo
>> > o mundo usa pois por exemplo a normativa do galego iría a tomar polo
>> > **.), é simplemente un criterio e non quere dicir que sexa correcto
>> nin
>> > incorrecto, só un criterio de elección.
>> Ramén.
>>
>> É moi común o uso de termos en inglés: e-mail (a xente incluso usa
>> "mail"),
>> slot... Para "usar o máis extendido" bastaría con deixar unha mezcla de
>> castelán e inglés. Así pasamos a considerar o que entendidos e
>> afeizoados
>> cremos convinte usar.
>> >
>> > Cinguíndome ao termo en concreto, "ordenador" se é igual de correcto
>> que
>> >   "computadora" (e así o indican os que saben) pois benvido sexa
>> > "ordenador".
>> Ordenador é un galicismo, que creo máis producto da "alerxia" española
>> ao
>> que
>> veña de USA (en inglés) que a que represente unha alternativa
>> interesante.
>> Asimesmo, creo que en francés "inventaron" esa palabra para evitar usar
>> a
>> inglesa.
>>
>> a) Ordenador alude a unha das tarefas máis habituais da computación: a
>> ordenación de series (vectores, listas e demáis). Así podemos entender
>> que
>> un
>> ordenador é unha máquina para ordear información.
>> b) Computador define a unha máquina adicada ao cómputo. O proceso de
>> calqueira información faise mediante o cómputo matemático. Da igual que
>> esteamos a escribir unha carta (un correo electrónico) ou vendo unha
>> web,
>> ou
>> unha película...) o que está a facer a máquina en si mesma é
>> computación.
>> De
>> feito, a ciencia encargada do estudo de todo o que rodea a estas
>> máquinas
>> denomínase "ciencias da computación".
>>
>> Que se nomee "ordenador" a unha máquina de computación... a gusto de
>> cada
>> quen, supoño XD
>>
>> Vou a extender a idea. De feito, o termo "computador" non alude á súa
>> implementación física. Un "computador" é unha calculadora moderna, un
>> computador persoal (PC), un Mac, un panel de computadores en rede...
>> Existen
>> variantes do termo que aluden ao tamaño e potencia (e xeralmente dan
>> unha
>> idea do uso): minicomputador, microcomputador, supercomputador.... anque
>> debido a potencia do hardware de uso cotidián as diferencias entre ditos
>> termos préstase a debate.
>>
>> Por outra parte, todo computador implica o uso dun Sistema Operativo
>> para
>> abstraer o funcionamento do hardware que o compón. Un supercomputador
>> Beowulf usará un S.O. que permite manexar unha máquina que en realidade
>> consta de moitas máquinas unidas como se fose un só computador (creando
>> unha abstracción dunha abstracción XD), namentres que un dispositivo de
>> telecomunicacións como un móvil sinxelo terá un Sistema Operativo que
>> pouco
>> máis é que unha interface de usuario.
>>
>> > Filosofando:
>> > Eu penso que unha tradución tamén a de ser didáctica, hoxe en día para
>> > min isto é fundamental. Hai que preguntarse quen vai usar unha
>> tradución
>> > ao galego, na miña opinión o que procura comodidade e o que usa todo o
>> > mundo, penso eu, que non vai usar a tradución ao galego. Canto léxico
>> > perdido ten a nosa xeración?? canta xente non sabe o que é un xeonllo,
>> > nocello coxa?? e por iso non imos empregar rodilla, tobillo, muslo...
>> > uff! perdón por irme do tema.
>> Como teño manifestado noutras ocasións, a ventaxe dos anglosaxóns para a
>> aprendizaxe da computación é que o vocabulario implicado é moi
>> metafórico.
>> Considero que adaptar esta idea ao idioma galego é o que da senso á
>> propia
>> traducción.
>>
>> Persoalmente, creo que se deberan escoller termos que faciliten que o
>> usuario
>> visualice no seu maxín a idea que expresa o elemento nomeado. E para iso
>> hai
>> que empregar os termos máis precisos, independentemente da difusión dos
>> mesmos (por suposto, sempre mantendo a corrección, e sen ter que caer en
>> termos en desuso).
>>
>> No caso que nos atinxe, ordenador é unha palabra moi extendida... porque
>> está
>> moi extendida no castelán de España. Elixir ordenador para a traducción
>> en
>> galego é unha opción válida como a outra, pero creo que limitármonos a
>> usar
>> os
>> termos en función do uso en castelán non é o que deberamos facer.
>>
>> Saúde!!
>>
>> --
>> O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación
>> --
>> karl
>>
>>
>> --
>> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>>
>
>
>
> --
> "Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls,
> .xlsx,
> .ppt, .pptx
>
> Instale OpenOffice dende
> http://www.mancomun.org/index.php/component/option,com_content/task,view/id,368/Itemid,113/...,
> é LIBRE, DE BALDE, totalmente LEGAL, funciona mellor que outros paquetes
> de
> oficina, e está en continuo desenvolvemento."
>

Responderlle a