> Así que supuxen que o das lingüetas e o do crash estaban relacionados. Fun ver
> os tipos de lingüetas que había, e resulta que:
>
> __________________________Información útil____________________________________
>
> Dous tipos diferentes de grupos de torrents, o referente aos torrents que
> suben e o referente a aqueles que están preparados para subir en canto haxa a
> quen subirllos, teñen o mesmo nome: "Envíos activos". O mesmo ocorre coas
> recepcións.
>
> Fai falla facer unha tradución distinta para cada un destes grupos de torrents
> ou o Ktorrent falla.
>
> Para os que se están a enviar, eu deixaría o de activo/pasivo.
>
> Para os que están preparados para enviarse/recibirse, eu usaría algo coma:
> Envíos preparados
> Envíos detidos (baseado na tradución ao portugués/castelán)
>
> PS: En realidade dáme o mesmo cal sexa a tradución, pero ten que ser distinta
> para que o programa non falle ao iniciarse.

Está isto verificado?

Como comprobalo: colle o ficheiro gl/ktorrent.mo e faille un msguncomp
(vamos, que refagar o ficheiro po a partires do mo. Procura a
tradución "Envios activos", e corríxea como desexes.
Recompila o ficheiro mo, mediante o msgfmt, e gárdao e
.kde4/share/locale/gl/ktorrent.mo (iirc),
e vota a andar o ktorrent, a ver se ten máis peches inesperados (esta
foi a tradución de crash á que chegou Ramón Flores).

Responderlle a