O Luns 27 Abril 2009 13:47:22 Leandro Regueiro escribiu:
> Ola,
> queria retomar o de applet.
>
> No glosario de Trasno recomendase usar "applet", e tamén están na
> lista "miniaplicación" e "aplicacionciña". No glosario de Mancomún
> diferencian entre as "applets" de Java e o resto de "miniaplicacións".
> Na terminoloxía de Microsoft aparece "aplicadela" que non sei de onde
> o sacarían. Segundoos resultados das estatísticas de uso nas
> traducións "miniaplicación" cada vez é máis popular, aínda que non
> supera aínda a "applet" basicamente porque é a tradución que usan en
> KDE.
>
> Aínda que coincido ca idea de traducilo coma "miniaplicación" non vexo
> moito sentido a ter traducións diferenciadas dependendo da linguaxe na
> que se programaron ditas aplicacións. Vós que pensades. En todo caso
> prohibiría "aplicacionciña" e "aplicadela", e de feito vouno poñer xa
> así agora mesmo no glosario de Trasno.
>
> Ata logo,
>                       Leandro Regueiro
Como na discusión anterior, gústame "trebello". "Chintófano" non é moito do 
meu agrado, pero bueno, pode valer tamén :)

Saúde!!
-- 
O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación
--
karl

Reply via email to