> Em Segunda, 27 de Abril de 2009, o Leandro Regueiro escreveu:
> > Ola,
> > estiven revisando as traducións de "empty" e decateime de que se usou
> > moito "vaciar" e "vacío". Consultei algún que outro diccionario de
> > galego e mailo digalego e non vin que viñeran neles, así que pensei
> > que debía ser un castelanismo e xa ía poñelo como tal no glosario de
> > Trasno.
> >
> > Hoxe á mañá por enredar un pouco fun á sección de diccionarios da
> > biblioteca e vin que tiñan o estraviz e funlle botar un ollo. Busquei
> > esas dúas entradas e viñan nel. O máis curioso é que nin "baleiro" nin
> > "baleirar" viñan. Igual viñan con v pero non me deu tempo a mirar
> > máis. Alguén me pode aclarar o tema?
> >
> > Ata logo,
> >                      Leandro Regueiro
>
> No estraviz en liña (http://www.agal-gz.org/estraviz/)
>
> Valeiro1 adj. Vazio, completamente desocupado. Vars. Valdeiro, vazado.
>
> Valeiro2 s. m. Vale pequeno. Depressom de terreno arborizado [de vale].

Como de fiable é? Porque no da RAG ven "baleiro -a" 
(http://www.edu.xunta.es/diccionarios/ListaDefinicion.jsp?IDXT=2682).

Reply via email to