Adrián Chaves Fernández escribiu:
non válido --> 330
Debian Installer:  8
GNOME:  119
KDE:  196
SUSE:  6
XFCE:  1
Nisto hai un algo de culpa miña, xa que era o que usaba até hai pouco,
estou a mudar a "incorrecto"
Eu non digo que "incorrecto" sexa o correcto. De feito a única razón
que lembro pola que se escolleu hai moito tempo (aínda que non se puxo
no glosario de Trasno) foi que non ten til, e así aforrabamos
escribilo. Pero o certo é que "non válido" úsase moito. Neste caso que
a xente decida, pero recomendaría intentar usar unha única opción se é
posible.

Pois eu tamén levo usando "non válido" como Miguel, pero agora que falades do tema, persoalmente prefiro "incorrecto", que entre outras cousas soa menos forzado que non válido na maioría dos contextos.


Persoalmente prefiro algo que exprese o que [é] que o que [non é].
Na didáctica, se mal non lembro, sempre se di que é mellor indicar o que se ha de facer que non se ten que facer.

Reply via email to