Non fun eu, penso que te refires a este correo.

-------- Mensaxe orixinal --------
Asunto: [G11n] Conversión de .ts a .po e viceversa
Data: Fri, 17 Apr 2009 18:25:58 +0200 (CEST)
Desde: Enrique Estevez
Responder a: g...@mancomun.org
A: g11n

Ola.

Traballando coa suite translate-toolkit (que ven nos repositorios de ubuntu, que podes instalar directamente con aptitutde ou apt), aquí hai unha serie de conversores de diferentes formatos de tradución.

No seu momento fixen unha conversión dun ficheiro .ts a .po para traducilo co poedit. Despois cando quixen facer o proceso inverso, decateime de que se comera liñas polo medio. Vin que a conversión de .ts a .po eliminaba información, básicamente quedabase coas cadeas:
# comentario de algo
msgid ""
msgstr ""

E cando volvía a facelo pois non tiña información necesaria para o ts. Indaguei un pouco e puña que tiñas que facer a conversión mediante un modelo, é dicir, co ficheiro orixinal para que o montara de novo ben. Fixeno e non funcionou (algo debín facer mal). Hoxe de novo, investigando e facendo probas conseguino. Asi que vos digo como, por se alguén non sabe e quere traducir ts sen empregar qtlinguist (bueno, fai falta para o último paso, para xerar os binarios .qm, pero so para isto).

Convertir o ficheiro ts a po
ts2po ficheiro.ts ficheiro.po

Traduces o po e para convertilo en .ts, pois fas o seguinte (tes que empregar como modelo o ts dende o que xeraches o po)
po2ts --template ficheiro.ts ficheiro.po  novotraducido.ts

ficheiro.ts, é co que xeraches o .po, tes que empregalo para que che monte ben o .ts traducido a partires do .po ficheiro.po, sería o ficheiro .po xerado antes pero traducido coa túa aplicación favorita. novotraducido.ts, será o nome que lle das ao ficheiro traducido .ts que xeras co .po traducido e co modelo .ts inicial.

A min así funcioname, co que xa non vou empregar máis o qtlinguist para traducir, soamente para xerar os binarios, os qm.

Unha aperta.
_______________________________________________
G11n mailing list
g...@mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Responderlle a