> Estamos a algo así como un mes da publicación de KDE 4.3.0 Como > comprobaríades de consultar l10n.kde.org, desta volta produciuse unha > grande baixada no número de traducións completas nos módulos centrais > de kde; a causa, como xa se anunciou no seu día, débese a que se > xuntou dunha banda un forte incremento na cantidade de mensaxes, e > aliás que non hai tanto tempo dispoñíbel para traducir. > De feito, a día de hoxe, as únicas modificacións nos módulos kde* > foron feitas en kdepim (por Xosé) e en kdepimlibs (creo que Xosé e eu > con correccións de ortografía), kdelibs e kdebase (eu, ortografía). > > Polo tanto, quen queira colaborar nos módulos kde* pode facelo, coa > excepción dos comentados no parágrafo anterior, as achegas serán > entregadas ao repositorio sen máis que unha revisión moi por riba e > que pasen as verificacións da entrega.
Eu xa rematei cos exames ata setembro, e pódome adicar a traducir kdegames. Se iso vou comezando. É a primeiravez que traduzo para KDE. Algunha indicación importante? A quen/que lle mando os PO?