2009/5/21 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> É a primeiravez que traduzo para KDE. Algunha indicación
> importante? A quen/que lle mando os PO?

Segue o indicado na páxina de trasno ao respecto, a ser posible, caso
contrario vai ficheiro por ficheiro desde a propria páxina das
estatísticas.

Os ficheiros en si son ficheiros PO normais, a única cousa especial
que teñen é na contextualización das mensaxes:
-No msgctxt ás veces hai cousas como "@menu/action" ou @info/tooltip,
que indican coa funcionalidade da mensaxe. Son moi útiles á hora de
escoller o tempo verbal ou de modular a lonxitude da tradución.
-Nos comentarios extraidos de ficheiros .ui hai tamén unha indicación
acerca da funcionalidade, non recordo como comeza pero non hai
confusión posíbel.

O fluxo de traballo normal é: escoller un módulo e notificalo na lista
para evitar duplicacións de traballo, e finalmente cando o consideres
oportuno envías os ficheiros por correo electrónico a quen actúe de
coordinador (nestes momentos a min), a ser posíbel sen comprimilos nin
empaquetalos.

Polo demais nada especial: emprega un editor de ficheiros po, a ser
posíbel o Lokalize, e activa a corrección ortográfica. Tenta ser
consistente.

Responderlle a