>> -Fin da asociación (art. 5.1): Penso que deberíamos facer referencia
>> explícita a "Desenvolver software libre, incluíndo as fases de deseño,
>> programación, documentación, probas de funcionamento, accesibilidade,
>> internacionalización, marketing e servizo técnico", e no art. 5.2 ­¾
>> do mesmo: para levar a cabo os fins poderá... e outros medios e
>> similares, como programas informáticos tanto de infraestrutura como de
>> aplicación.
>
> ...marketing e servizo técnico?? Pero isto vai ser unha empresa de
> desenvolvemento de SL ou que?

Púxenno só para detallar un pouco as principais funcións a satisfacer
durante a vida dun software: xa temos influído, ou polo menos
tentámolo, no lokalize, no poedit, no gtranslator e no pootle, non?,
no deseño de como facer as cousas, ou no código, caso do gtranslator
aínda de nacho o fixese extra-trasno, temos probado versións previas á
publicación, metido parches (o do hunspell para o kspell3 no kbabel),
temos comentado acerca da documentación (lokalize), e defectos da i18n
(kmymoney e outros moitos), en maior ou menos medida en cada caso, e
con maior ou menor fortuna.
Dar servizo técnico (i.e. actuar de hot-line mediante correo) e facer
publicidade é o que nos queda. Non somos/seremos empresa, pero se non
hai empresa que o faga e o precisas, pois vaise aló e listo; máis
adiante detallei a causa: poder recibir e dar pelas para pagar
pequenos desenvolvimentos.

>> Respecto dos fins:
>> Ampliar o eido, por deixalos dentro do software (FLOSS) pero permitir
>> máis posibilidades, como poder dar financiamento para o
>> desenvolvimento picacódigo do gtr^H^H^Hlokalize, como fixo esta
>> fundación holandesa ou belga, con Shaforo, escribir e editar manuais
>> etc.
>
> Non o vexo mal de todo. Pero mellor engadilo como posibilidade e non
> como obriga, hai que ter en conta que pode que non se teñan cartos
> dabondo...

Si, claro: o normal é non ter pelas. Todo o que poñas como Fins da
asociación _podes_ facelo lexitimamente, de aí a que o fagas...

Responderlle a