> Púxenno só para detallar un pouco as principais funcións a satisfacer > durante a vida dun software: xa temos influído, ou polo menos > tentámolo, no lokalize, no poedit, no gtranslator e no pootle, non?, > no deseño de como facer as cousas, ou no código, caso do gtranslator > aínda de nacho o fixese extra-trasno, temos probado versións previas á > publicación, metido parches (o do hunspell para o kspell3 no kbabel), > temos comentado acerca da documentación (lokalize), e defectos da i18n > (kmymoney e outros moitos), en maior ou menos medida en cada caso, e > con maior ou menor fortuna. > Dar servizo técnico (i.e. actuar de hot-line mediante correo) e facer > publicidade é o que nos queda. Non somos/seremos empresa, pero se non > hai empresa que o faga e o precisas, pois vaise aló e listo; máis > adiante detallei a causa: poder recibir e dar pelas para pagar > pequenos desenvolvimentos.
ah, ok aclarada a miña pregunta de antes. stou d'acordo.