> Boas:
>
> Miguel Branco escribiu:
> >> Eu propoño que se se quere o presidente teña que elixir o secretario
> >> (para os que queren que sexa unha persoa de control e que non comparto)
> >> dos  mais votados e os demais (tesoureiro, vogais...) de entre os socios
> >> da súa confianza ou que pense que son válidos.
> >>
> >> Como penso que son postos con requisitos diferentes, penso que o de que
> >> o voten a un para posíbel presidente non quere dicir que o votasen para
> >> posíbel secretario ou tesoureiro. Eu seguramente non votaría ao mesmo
> >> para secretario  que para presidente, daquela, ¿porque ten que elixir o
> >> presidente para secretario ou tesoureiro a quen foi votado como posíbel
> >> presidente?
> >
> > non me parece mal razoamento. Podo interpretar o que dis como votacións
> > individualizadas para presidente, secretario e tesoureiro? por
> > simplificar. Esquematiza o que propós e votamolo, paréceche?
> >
> >> Sinto ser tan fodón.
> >
> > está ben que se discutan estas cousas, de fodón nada. Isto é como nas
> > vodas: "que hable ahora o calle para siempre", que logo para reformar o
> > estatuto hai que pagar bla bla bla ;)
>
> Eu penso que xa o comentei.
> A miña proposta é (e seguro que ten algunha pega):
> 1. Elixir presidente, os métodos propostos parécenme ben salvo que para
> ter un presidente de consenso e garantir que como mínimo teña a maioría
> sería mellor elixir entre os dous máis votados.
> 2. Que o presidente elixa equipo e que este equipo sexa votado e
> aprobado por todos e será precisa a mesma maioría que para elixir
> presidente (absoluta ou a que se decida, 3/5, 3/4...)
>
> Unha variante para os que queren contrólar ao presidente (que eu non
> comparto pero poida que así haxa máis consenso entre nós) sería (1. b)
> que despois de votar e elixir presidente, se faga o mesmo para elixir
> secretario (incluída a primeira volta)
> así teriamos presidente e secretario independentes e o resto elíxeo o
> presidente e ratifícao a asemblea.
>
> Relacionado con isto, a persoa encargada de substituír ao presidente no,
> caso que sexa, penso que tería que ser unha designada polo propio
> presidente, podendo ser o secretario se así o decide (o presidente) ou
> calquera outra.

Eu estou dacordo en darlle o poder de elixir os cargos ao presidente votado, 
sempre que os cargos sexan logo ratificados pola asemblea (onde foi parar a 
miña papeleta? :_(

Responderlle a