> Eu propoño que se se quere o presidente teña que elixir o secretario > (para os que queren que sexa unha persoa de control e que non comparto) > dos mais votados e os demais (tesoureiro, vogais...) de entre os socios > da súa confianza ou que pense que son válidos. > > Como penso que son postos con requisitos diferentes, penso que o de que > o voten a un para posíbel presidente non quere dicir que o votasen para > posíbel secretario ou tesoureiro. Eu seguramente non votaría ao mesmo > para secretario que para presidente, daquela, ¿porque ten que elixir o > presidente para secretario ou tesoureiro a quen foi votado como posíbel > presidente?
non me parece mal razoamento. Podo interpretar o que dis como votacións individualizadas para presidente, secretario e tesoureiro? por simplificar. Esquematiza o que propós e votamolo, paréceche? > Sinto ser tan fodón. está ben que se discutan estas cousas, de fodón nada. Isto é como nas vodas: "que hable ahora o calle para siempre", que logo para reformar o estatuto hai que pagar bla bla bla ;)