Apúntome.

Pero McDonalds non!!

Como quedamos ás 2 e a reunión é ás 4, non ten que ser en Área Central. Para 
quen goste das tabernas, está o mesón de Concheiros; por alí tamén hai algunha 
parrillada e pouco máis aló está a rúa de San Pedro.

De pagar xa falaremos.

Xosé


O Mércores, 7 de Outubro de 2009 22:31:50 José Manuel Castroagudín Silva 
escribiu:
> Boas,
> 
> como ía dicindo: Propuxen que os que quixesen quedar antes da reunión,
> foramos a comer algo por aí.
> 
> En principio, a idea era convidar eu aos asistentes. Así que ide dicindo
> quen quere vir. Para botar contas, e saber se me compensará poñer un bigote
> postizo e acudir cun nome falso, jejeje (e tamén mirar de buscar un sitio
> onde caibamos)
> 
> Haberá tamén que propoñer sitio. Falouse do PizzaGrill, comentouse tamén o
> McDonalds. Alguén que coñeza, que propoña. E hora. Mencionouse de comer ás
> dúas ou así, pero vaia, falámolo agora.
> 
> Nada máis. Espero as respostas.
> 
> ---------- Forwarded message ----------
> From: José Manuel Castroagudín Silva <chavescesu...@gmail.com>
> Date: 2009/10/7
> Subject: Re: Resumo e rexistro da reunión no IRC
> To: Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
> Cc: Trasno - Lista <proxecto@trasno.net>
> 
> 
> Boas,
> 
> Paralelamente, ofrecinme a pagar unha comida o mesmo día, tamén por Área
> Central, en principio aos asistentes á asemblea no IRC que quixesen
>  pasarse.
> 
> Ben, pois o caso é que estendo a invitación a todos os membros que vaian
> acudir á reunión para asinar os papeis estes.
> 
> Vou mandar outro correo á parte deste, para non interromper a conversa
>  sobre os temas importantes. Este correo era só para atraer a vosa
>  atención.
> 
> Aburiño!
> 
> 2009/10/7 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
> 
> Ola.
> 
> > Asistentes:
> > Miguel Branco
> > Leandro Regueiro
> > Felipe Xil
> > Antón Méixome
> > Xabier Villar
> > Miguel Bouzada
> > José Castroagudín
> > Adrián Chaves
> > Xosé Calvo
> > Daniel Muñiz
> > Fran Diéguez (temporalmente)
> >
> > Directiva: Miguel Branco presidente, Miguel Bouzada vicepresidente,
> > Leandro Regueiro secretario, Marce Villarino tesoureiro (Daniel Muñiz
> > de reserva).
> >
> > Os estatutos vanse revisar (ortografía) e vanse pasar a LaTeX. Tamén
> > se preguntou se hai que especificar se é cultural e outros temas.
> >
> > A reunión para asinar en principio será o día sábado 17 de Outubro ás
> > 16:00 horas en Área Central na Cervecería Internacional (na parte
> > norte) http://www.acentral.com/planos/zbaixa.htm Estase mirando de que
> > algúns vaian recollendo a outros por iso de contaminar menos e tal.
> >
> > Despois alguén entregará os papeis asinados onde corresponda.
> >
> > Cando haxa CIF falaremos do da conta da asociación, e doutros temas.
> >
> > No anexo vai o ficheiro do rexistro.
> >
> > Creo que vai todo.
> >
> > Ata logo,
> >                   Leandro Regueiro
> 

Responderlle a