> Lendo todo o que se está a comentar no G11n penso que poida que conveña
> esperar para a creación da asociación trasno.
>
> Desde o meu punto de vista a idea da asociación entre outros motivos ven
> motivada por ter unha entidade legal e non convencendo a algúns dos membros
> de trasno a integración en CIF decidiuse a creación dunha nova entidade.
>
> Neste momento pode nacer esa entidade na que si nos poidamos integrar sen
> ter que facer toda esa papelame da que falamos ademais de poder estar máis
> unidos ou formar un grupo máis grande.
>
> Con esperar non me refiro a renunciar a constitúir a asociación se isto non
> vai adiante senón a participar. Penso que pode ser unha gran oportunidade
> facer públicos os estatutos de trasno, poida que outras achegas o enriquezan
> e no canto de facer unha pequena asociación poidamos facer unha pequena
> asociación pero máis grande, na que si realmente poidamos estar todos.
>
> Realmente sinto, así o percibo, que hai moi boa sintonía entre todos os que
> estamos nas distintas roldas (trasno, g11n, ubuntu...) está claro que hai
> diferentes sensibilidades pero tamén percibo respecto (xa parezo un pitoniso
> ;-)). Poida que esta sexa un bo momento para facer algo máis grande que
> permita que máis software estea en galego e que o estea cunha mellor
> calidade.
>
> Seguro que podemos chegar a algo que nos sume a todos.

Levamos con isto un ano, acordamos xa os flecos finais a semana
pasada, entre a semana pasada e esta Suso, a CIF e outra xente acorda
reunirse para discutir e agora imos parar o proceso dun ano? A xente
tivo oportunidade de opinar durante meses, de involucrarse, de cambiar
o rumbo e agora pasa isto?

Lémbroche que xa quedamos case unha ducia en ir o Sábado a constituír
a asociación, e que desbotamos a integración na Ciberirmandade e
nalgún LUG por razóns ben meditadas. Non vexo a razón de paralizar o
proceso, os que queiran que se unan, aínda hai tempo de sobra.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a