2009/10/9 damufo <dam...@gmail.com>:
> Boas:
> Polo que teño entendido base de datos efectivamente, é algo estruturado. un
> exemplo sería unha base de datos sqlite, mysql, mssql, postgresql...
> O banco de datos é algo máis xenérico, sería por exemplo unha partición do
> disco duro, onde temos datos e datos, incluso dentro do banco de datos temos
> bases de datos.
>
> vaia, eu deixaría
> database -> base de datos

+1

Por outra banda o de banco de datos algunha xente non o vai entender.
Eu por banco de datos entendo calquera grupo de datos xuntos nun
sitio, o cal non ten que estar informatizado e nin sequera ter
estrutura de ningún tipo, segundo eu o entendo.

Por certo, o asunto da mensaxe podía comezar con [terminoloxia] que
así xa mo marca o Gmail.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a