Vaaalleeee... aceptamos polbo como animal de compañía no caso de mysql, postgresql.. pero sqlite eu non o chamaría sistema de xestión de bases de datos.

De todos modos comentaba o que eu tiña entendido mais dame igual o que se decida, que así (refirome a como se decida) o porei. Neste caso non teño preferencia ningunha, de feito no joomla usei banco de datos simplemente porque me gustou máis logo lendo atopei a distinción que comentaba e puxeno novamente como base de datos e se teño que mudalo outra vez pois mudoo e listo. Con tal de que sexa o máis axeitado...ç


marce escribiu:
O Venres, 9 de Outubro de 2009 08:07:48 damufo escribiu:
un exemplo sería unha base de datos sqlite, mysql, mssql, postgresql...

Nota:
nin sqlite, nin mysql nin postgreSQL etc son bases de datos: son sistemas de xestión de bases de datos (BDMS, normalmente relacionais -RDBMS- ou relacionais de obxecto -ORDBMS-, ou directamente baseadas en obxectos)

Aliás, iirc as primeiras traducións de bbdd ao galego eran como Banco de Datos, non vexo nada mau nisto. Caso de querer afinar de carallo podería facerse unha hiperespecialización diferenciando entre base (o esquema) e banco (o contido)


Responderlle a