Ola, Máis un termo para discutir. Como traducides e como pensades que se debe traducir *feed* en galego (no contexto de sindicación, RSS, novas, etc., non de impresoras nin de saltos de liña).
Se cadra parécevos estraña a pergunta, porque vendo as traducións parece que hai bastante homoxeneidade, pero quero asegurarme. Ademáis este termo non aparece nos glosarios de Mancomún e Trasno (por certo, o de Mancomún por que non se actualiza?). Polo que vexo, normalmente se traduce por *fonte*, aínda que tamén se usa o anglicismo, *feed*, como masculino ("o feed"). Supoño que me diredes que a primeira opción é a recomendábel, e eu tamén o cría até que encontrei algúns contextos que me fixeron dubidar e pensar se será a mellor opción ou se será a mellor opción sempre. Usar *fonte*, en principio parece boa opción aínda que non sempre sexa claro a que se refire, sobre todo talvez para alguén que xa o viu como *feed* (en galego ou noutra lingua), pero o uso/tempo (ademais do contexto) supoño que irá eliminando a inconcreción. Porén, que pasa cando no contexto hai outro termo que tamén se traduce por *fonte* (como *source*)? Un par de contextos (? = dúbida): // There is currently no feed source. ?Neste momento non existe ningunha fonte de feeds. ??Neste momento non existe ningunha fonte de fontes. // You are destroying feed source. ?Estás destruíndo a fonte do feed. ??Estás destruíndo a fonte da fonte. E outros: http://sli.uvigo.es/CLUVI/cluvi.php?logalizaL1= \bfeed%28s|ing%29%3F\b&logalizaL2=&direccionconsulta=en-gl-logaliza Coa tradución de *data source* non habería problema porque se traduce por *orixe de datos*. Por último, aproveito, que vén a conto. Se *feed *é *fonte*, como traduciríades *feeding*? Supoño que *creación de fontes *ou algo así. Tamén aproveito para preguntar se sería posíbel que o corpus de Mancomún acepte expresións regulares nas buscas, como fai o Logaliza ou o CTG. Sería interesante. Neste caso podería ter aforrado moitos *feedbacks*, por ex. Unha aperta e espero que a miña consulta nos sirva de algo a todos :) Manuel