2009/10/14 Manuel Souto Pico <m.soutop...@gmail.com>:
> Ola,
>
> Máis un termo para discutir. Como traducides e como pensades que se debe
> traducir feed en galego (no contexto de sindicación, RSS, novas, etc., non
> de impresoras nin de saltos de liña).

Moi interesante.

> Se cadra parécevos estraña a pergunta, porque vendo as traducións parece que
> hai bastante homoxeneidade, pero quero asegurarme. Ademáis este termo non
> aparece nos glosarios de Mancomún e Trasno (por certo, o de Mancomún por que
> non se actualiza?).
>
> Polo que vexo, normalmente se traduce por fonte, aínda que tamén se usa o
> anglicismo, feed, como masculino ("o feed").
> Supoño que me diredes que a primeira opción é a recomendábel, e eu tamén o
> cría até que encontrei algúns contextos que me fixeron dubidar e pensar se
> será a mellor opción ou se será a mellor opción sempre.

Así de resposta rápida diria que se acadara o consenso de "feed" =
"fonte de novas" pero non poria a man no lume.

> Usar fonte, en principio parece boa opción aínda que non sempre sexa claro a
> que se refire, sobre todo talvez para alguén que xa o viu como feed (en
> galego ou noutra lingua), pero o uso/tempo (ademais do contexto) supoño que
> irá eliminando a inconcreción. Porén, que pasa cando no contexto hai outro
> termo que tamén se traduce por fonte (como source)?
>
> Un par de contextos (? = dúbida):
>
> // There is currently no feed source.
> ?Neste momento non existe ningunha fonte de feeds.
> ??Neste momento non existe ningunha fonte de fontes.
>
> // You are destroying feed source.
> ?Estás destruíndo a fonte do feed.
> ??Estás destruíndo a fonte da fonte.
>
> E outros:
>
> http://sli.uvigo.es/CLUVI/cluvi.php?logalizaL1=\bfeed%28s|ing%29%3F\b&logalizaL2=&direccionconsulta=en-gl-logaliza
>
> Coa tradución de data source non habería problema porque se traduce por
> orixe de datos.
>
> Por último, aproveito, que vén a conto. Se feed é fonte, como traduciríades
> feeding? Supoño que creación de fontes ou algo así.
>
> Tamén aproveito para preguntar se sería posíbel que o corpus de Mancomún
> acepte expresións regulares nas buscas, como fai o Logaliza ou o CTG. Sería
> interesante. Neste caso podería ter aforrado moitos feedbacks, por ex.

Sería útil poder facer consultas así.

Neste momento deberiamos pensar se é mellor modificar o corpus de
Mancomun para obter a ferramenta de QA que nós queremos, ou se é
mellor intentar modificar/que nos modifiquen o Open-Tran.

> Unha aperta e espero que a miña consulta nos sirva de algo a todos :)
> Manuel
>
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> g...@mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>

Responderlle a