Olá, <ignore> onte non foi só Chaves O'Ilexítimo (que manda carallo que lle chamemos chaves apelidado como é Castroagudín Silva), e supoño que tamén Chaves O'Chaves os que se deitasen tarde. Eu demoreime a facer unhas probas referentes ao tema pouco tratado do corrector gramatical. </ignore>
Consideremos dous dos correctores gramaticais libres dispoñíbeis para o galego: Golfiño e LanguageTool (LT), ambos os dous baseados en procurar padróns(*) de erro. O primeiro é unha ferramenta feita ad-hoc e polo tanto é pouco probábel que chegue a estar entre as «commodities». O segundo está escrito en Java, o que non me fai moita graza pensando na súa universalidade, pero é o que hai, e dispón das bases precisas para realizar corrección gramatical ao galego, sendo a mantenedora e desenvolvedora ppal Susana Sotelo (SSD). <ignore>Fáiseme coñecido o nome</ignore> Tras pelexar co LT e lograr instalalo e configuralo para empregalo tanto coa súa GUI independente como desde dentro do OO.org, vexo dúas cousas: 1.- FUNCIONA !!!!!!! 2.- Cona, que funciona moito mellor do que agardada polo que lin na wiki de SSD !!!!! (e 3, que non o dou feito rular dentro do pology, pero todo se ha andar) Tras argallar outro pouco, pois vin que hai moito máis traballo feito do que inicialmente parecía, hai un dicionario tomado do FreeLing (FL), evidentemente máis extenso que o de probas que tiña tres palabras, e as regras son xa moito máis ca un xoguete de proba de concepto. SSD na súa wiki falaba de converter as regras do Golfiño en regras do LT, e creo que non é complicado, apesar de que a documentación referente ás etiquetas e parámetros que compoñen as regras do LT é mediocre, a xulgar pola enorme diferenza entre o que se explica na súa web e o que aparece nos ficheiros de regras das fontes do programa. Por non estenderme de máis: Anímase alguén a converter as regras do Golfiño en regras do LanguageTool? (*)Digalego dixit: Padrón: 3 s m Modelo que se toma como exemplo a seguir. Patrón: 7 1 s m Modelo, xeralmente de papel, a partir do que se fan elementos semellantes.