2009/10/18 marce <mvillar...@gmail.com>:
> Olá,
>
> <ignore>
> onte non foi só Chaves O'Ilexítimo (que manda carallo que lle chamemos chaves
> apelidado como é Castroagudín Silva), e supoño que tamén Chaves O'Chaves os
> que se deitasen tarde. Eu demoreime a facer unhas probas referentes ao tema
> pouco tratado do corrector gramatical.
> </ignore>
>
> Consideremos dous dos correctores gramaticais libres dispoñíbeis para o
> galego: Golfiño e LanguageTool (LT), ambos os dous baseados en procurar
> padróns(*) de erro. O primeiro é unha ferramenta feita ad-hoc e polo tanto é
> pouco probábel que chegue a estar entre as «commodities». O segundo está
> escrito en Java, o que non me fai moita graza pensando na súa universalidade,
> pero é o que hai, e dispón das bases precisas para realizar corrección
> gramatical ao galego, sendo a mantenedora e desenvolvedora ppal Susana Sotelo
> (SSD).
> <ignore>Fáiseme coñecido o nome</ignore>
>
> Tras pelexar co LT e lograr instalalo e configuralo para empregalo tanto coa
> súa GUI independente como desde dentro do OO.org, vexo dúas cousas:
> 1.- FUNCIONA !!!!!!!
> 2.- Cona, que funciona moito mellor do que agardada polo que lin na wiki de
> SSD !!!!!
> (e 3, que non o dou feito rular dentro do pology, pero todo se ha andar)
> Tras argallar outro pouco, pois vin que hai moito máis traballo feito do que
> inicialmente parecía, hai un dicionario tomado do FreeLing (FL), evidentemente
> máis extenso que o de probas que tiña tres palabras, e as regras son xa moito
> máis ca un xoguete de proba de concepto.
>
> SSD na súa wiki falaba de converter as regras do Golfiño en regras do LT, e
> creo que non é complicado, apesar de que a documentación referente ás
> etiquetas e parámetros que compoñen as regras do LT é mediocre, a xulgar pola
> enorme diferenza entre o que se explica na súa web e o que aparece nos
> ficheiros de regras das fontes do programa.
>
> Por non estenderme de máis:
>
> Anímase alguén a converter as regras do Golfiño en regras do LanguageTool?

Échevos moi interesante. Que poidamos corrixir as traducións non só
cun corrector ortográfico, mirando que segundo a terminoloxía usamos a
tradución recomendada, etc, senón que ademais poidamos comprobar que
está escrito correctamente, gramaticalmente, sería un gran paso
adiante.

Nun momento dado habería que facer algo de documentación sobre como
usar o pology e todo iso, mellor que documentación unha especie de
xornadas ou cursos. A min interésame moito isto pero non sei por onde
collelo. Non estaría mal que todo isto viñera integrado en varias das
ferramentas que usamos sen ter que facelo nós a man. Xa vedes que son
un seareiro da lei do mínimo esforzo, pero hai que considerar que isto
sería especialmente útil para os tradutores recén chegados que son os
que máis erros cometen.

> (*)Digalego dixit:
>                        Padrón: 3    s m   Modelo que se toma como exemplo a 
> seguir.
>                        Patrón: 7  1   s m  Modelo, xeralmente de papel, a 
> partir do que
> se fan elementos semellantes.

Anotado queda.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a