2009/10/20 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> Teño unha dúbida, xa que eu non estaba nas primeiras reunións da
> comunidade de galeguización. O logo que aparece en
>
> http://www.g11n.net/imaxes/g11n.jpg
>
> Tamén está en
>
> http://wiki.mancomun.org/images/G11n.png
>
> http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n
>
> Non sei se o logo foi licenciado como libre, CC ou qué; e se foi
> asumido por todos os actores da localización de swl, de modo que
> calquera grupo o pode usar e estaría ben que Trasno o incorporase
> tamén no seu repertorio gráfico ou ben é un logo vinculado a Mancomún
> ou se esa imaxe gráfica era particular e foi cedida para o uso das
> actividades de coordinación da comunidade de Mancomún.
>
> Non ten realmente importancia pero moito me temo que leva á confusión,
> dando a entender que a actividade da comunidade reunida nos g11n de
> Mancomún  (g11n v1 e v2) reside agora en g11n.net, que ao meu ver é
> unha interpretación interesada porque non é real nin se fixo tras un
> acordo das partes, polo menos non no caso de Mancomún.
>
> Alguén sabe algo máis concreto?

Claro, temos aí a Baleato que seguro que sabe máis do tema. Antes de
que Bouzada salte ao trapo, comentar que en teoría o logotipo do
Galinux estaba rexistrado a nome de Baleato e non de Mancomún, ou
dalgún organismo da Xunta.

Deberias falar con xente de Mancomún (que estivera daquela), eu
simplemente lembro que o día que nos reunimos tiña montada toda unha
parafernalia co tema de G11n.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a