2009/10/20 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> 2009/10/20 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> > Teño unha dúbida, xa que eu non estaba nas primeiras reunións da
> > comunidade de galeguización. O logo que aparece en
> >
> > http://www.g11n.net/imaxes/g11n.jpg
> >
> > Tamén está en
> >
> > http://wiki.mancomun.org/images/G11n.png
> >
> > http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n
> >
> > Non sei se o logo foi licenciado como libre, CC ou qué; e se foi
> > asumido por todos os actores da localización de swl, de modo que
> > calquera grupo o pode usar e estaría ben que Trasno o incorporase
> > tamén no seu repertorio gráfico ou ben é un logo vinculado a Mancomún
> > ou se esa imaxe gráfica era particular e foi cedida para o uso das
> > actividades de coordinación da comunidade de Mancomún.
> >
> > Non ten realmente importancia pero moito me temo que leva á confusión,
> > dando a entender que a actividade da comunidade reunida nos g11n de
> > Mancomún  (g11n v1 e v2) reside agora en g11n.net, que ao meu ver é
> > unha interpretación interesada porque non é real nin se fixo tras un
> > acordo das partes, polo menos non no caso de Mancomún.
> >
> > Alguén sabe algo máis concreto?
>
> Claro, temos aí a Baleato que seguro que sabe máis do tema. Antes de
> que Bouzada salte ao trapo, comentar que en teoría o logotipo do
> Galinux estaba rexistrado a nome de Baleato e non de Mancomún, ou
> dalgún organismo da Xunta.
>

Ji Ji

Moito medo tendes a que choute

Lóxico, pero como cada vez queda máis craro como este home non é senón un
"usurpador" xa nin me vou molestar. Xa todos vos decatades das súas
trapalladas e iso é o único que eu pretendín sempre.


>
> Deberias falar con xente de Mancomún (que estivera daquela), eu
> simplemente lembro que o día que nos reunimos tiña montada toda unha
> parafernalia co tema de G11n.
>
> Ata logo,
>                    Leandro Regueiro
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>



-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Responderlle a