>> Persoalmente, como tradutor voluntario que son, preocúpame moito a falta >> de información que estamos tendo sobre o estado dos produtos de Mozilla. >> >> -Primeiro de todo, non hai directrices de como continuar co traballo, >> unha vez este traballo xa está fora de Mancomún. >> -Non temos prioridades sobre que traducir, nin como repartir o traballo, >> nin que cuestións de coherencia habería que revisar. >> -Algún produto xa ten rematada a tradución pero polo de agora non se >> fixo o OPT-IN para a versión final. >> >> http://groups.google.com/group/mozilla.dev.l10n/browse_thread/thread/13b7b1730206d8ef/7482a38731496bab?lnk=raot#7482a38731496bab >> -Noutros produtos están aumentando a cantidade de cadeas que hai que >> traducir e non sabemos como comezar o traballo, si repartírnolo ou que. >> http://l10n.mozilla.org/dashboard/?locale=gl >> -Hai varios bugs abertos sobre o noso idioma en Mozilla os cales non >> teñen resposta: >> http://l10n.mozilla.org/webdashboard/?locale=gl >> https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=521992 >> >> Falando con meixome, coméntame que el tamén se pode facer cargo do >> ficheiro main.lang ao que lle faltan esas 7 cadeas por incluír. >> >> -Non se tomou unha decisión sobre si traducimos a extensión Weave de >> Mozilla que nun futuro irá integrada no Firefox: o meu voto persoal é >> que si.
Se vai estar haberá que traducila. >> Outra cuestión menos importante, é que considero que habería que >> actualizar un pouquiño a páxina principal disto: >> http://galician.mozdev.org <http://galician.mozdev.org/> >> >> Podo ofrecerme, para facer estes cambios na páxina web, se estades de >> acordo. >> >> Suso, podes darnos un pouco de luz sobre estes aspectos? > > O máis importante é que se resolvan eses bugs canto antes xa que senón > non teremos seguinte versión de firefox en galego Moi importante, si. A outra vez tivéronnos bloqueados anos por mor dun bug que non se daba resolto nunca. Ata logo, Leandro Regueiro