Olá Suso, 

Como presidente en funcións da  Asociación Proxecto Trasno, pídenme e entendo 
necesario pedir aclaracións sobre de varias cuestións.  A priori, que conste 
que atinan nas respostas Fran e Leandro: a miña opinión vai no mesmo sentido. 

Primeiro, preocúpanos o futuro estado das tradicións dos proxectos que 
coordinas (GNOME, OOo e Mozilla). Consideramos que son obxectivos de l10n 
prioritarios. Todos eles son dunha envergadura magna e pensamos que fai falta 
un número substancial de persoas para mantelas completas e con traducións de 
calidade. De feito, seguimos sen coñecer exactamente cantas persoas asistiron 
a ese teórico g11n3 e polo tanto o número de persoas que traballa xa nas 
listas de g11n.net. Porén, en trasno xa contamos cun número significativo de 
xente adicada dende hai tempo á localización e xente que traballou e traballa 
nestes mesmos proxectos, ademais de algún voluntario máis que de cando en 
cando se suma ó proxecto. Neste momento creo que é necesario que recorde de 
que no seu momento dirixiches un proxecto gobernamental para mante-las 
traducións etc, pero agora non, es un voluntario máis (e do cal me alegro). 
Daquela insistías en que se deberían devolve-los proxectos á comunidade e que 
a comunidade debería estar preparada para acolle-los proxectos e poder 
mantelos. Naquel momento démosche a razón, e neste momento sigo pensando o 
mesmo. Pero é máis, estendo este razoamento e aplícollo a calquera voluntario. 
Se non é posible que un dea mantido un proxecto debería ceder abandonar o 
proxecto en favor que quen o poida manter. Por iso é vital que nos informes da 
capacidade real túa, ou da denominada plataforma g11n, para poder soster estes 
proxectos. Unha persoa non abonda. Porque, entenderás que non é sensato que 
alguén siga a ser coordinador dun proxecto cando a súa participación nel se 
limite a funcións unicamente administrativas. 

Segundo, entendemos que non só é positivo senón de obrigación traballar nas 
listas e servizos que cada proxecto i18n-ado estableza para a localización 
propia. Neste sentido agradecería que cumpriras co da apertura da rolda para 
GNOME no proxecto. Eu persoalmente considero unha desviación do proceso de 
localización centralizar cada proxecto recurso fóra do upstream. Outra cousa 
diferente son canles de comunicación propias para que os voluntarios se 
comuniquen sobre doutros temas non pertinentes á localización concreta dun 
proxecto, como é a lista de trasno dende hai xa 10 anos, p.ex. 

Terceiro, consideramos importante mante-las traducións en tódalas versións e 
igualmente, consideramos importante seguir mantendo os consensos relativos a 
terminoloxía e incluídos nas guías de estilo, especialmente a de mancomún. Por 
iso debo de preguntar cales son as túas posturas nisto e que se vaia aplicar 
en GNOME, Mozilla e OOo?, e a que se deben preguntas como esta?


> Message: 1
> Date: Wed, 21 Oct 2009 11:26:27 +0200
> From: Suso Baleato <suso.bale...@gmail.com>
> To: Traducion ao galego de Mozilla <galic...@mozdev.org>
> Subject: Re: [Galician] IMPORTANTE: pendente en Mozilla e
>         OpenOffice.org
> Message-ID: <20091021092627.GA8680@localhost>
> Content-Type: text/plain; charset=utf-8
>
> Javi, cando poidas indícame o último changeset do tb30x; faime chegar tamén
> a memoria de tradución asociada para probar o proceso de validación previo
> ao opt-in.

 apréciese o de  "proceso de validación"

e finalmente, observamos por parte túa un ton autoritario e un abuso de 
posición nos proxectos que asumiches sendo un cargo na Xunta de Galicia. Dende 
logo non invita á se involucrar nos proxectos que xestionas,  nin a avanzar na 
coordinación de tódolos voluntarios da l10n ó galego.


> A porta queda aberta dende
>  este mesmo momento, e a meritocracia será a chave que poida abrila, como
>  en calquera outro proxecto de código aberto. Neste sentido, as queixas e
>  lamentos irán directamente a /dev/null a igual que as acusacións,
>  difamacións e demais lixo da que teño constancia de estar sendo obxecto.

Se te refires explicitamente ás "difamacións" que dis que recibes, os aludidos 
poderán defenderse. Senón este tipo de comentarios son gratuítos, groseiros e 
nada positivos para a labor que realizamos... que é poñe-los cóbados 
traducindo e non darlle á leria. 

Atentamente, 

Miguel Branco

Responderlle a