Boas, Aínda que a maior parte de vós xa recibiríades o aviso a traverso doutras canles, seguindo a petición dalgúns voluntarios dou conta en todas as roldas concernidas tanto da actualización nos enderezos das roldas oficiais dos proxectos que eu coordeno como das tarefas que estou a levar a cabo para normalizar a situación diante do proceso de desmantelamento de Mancomún.
Animar a quen queira unirse ao proxecto da súa preferencia para que o faga: trátase dun excelente momento para fazelo, xa que debemos definir en cada un dos proxectos as prioridades e asumir cada quen as tarefas que poida. Neste sentido, xa adiantei que a miña proposta será priorizar a sincronización con Ubuntu [0] identificando as releases que resulten críticas a ese respeito. E para ise proposito estou acometendo as seguintes tarefas: - Clarificar as canles de comunicación, sen o que resulta imposibel un traballo de coordenación efectivo (este correo forma parte desta tarefa; insistir en que se manteña o correo de cada proxecto na súa propria rolda evitando o crossposting gratuíto, tamén). Neste sentido pois, os enderezos dos proxectos serían as seguintes: Mozilla : galic...@mozdev.org OpenOffice : d...@gl.openoffice.org GNOME : gn...@g11n.net [1] Todas as personas que desexedes colaborar na tradución de calquera destes proxectos estades convidadas a vos cadastraren nelas, o que podendes fazer nos enderezos seguintes respectivamente: Mozilla: : http://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician OpenOffice : http://gl.openoffice.org/servlets/ProjectMailingListList GNOME : https://roldas.g11n.net/mailman/listinfo/gnome - Determinar os recursos dos que dispoñemos (canta xente temos, aportación vía voluntariado ou vía laboral, infraestructura da que dispoñemos, áreas de especialización, ...). Nas roldas de cada un dos proxectos abrirei un fío con este propósito unha vez que finalize a posta en marcha da plataforma de g11n [2], que nas próximas horas enceta o seu tramo final. - Determinar en función do anterior as prioridades nas releases e módulos de cada proxecto, para o que deberemos poñernos de acordo coa xente de Ubuntu. Son consciente de que para os tradutores este último punto é o importante, e xa observo o nerviosismo e mesmo a incomodidade dalgúns pola inseguridade da situación ou polo risco a non chegar a tempo a releases concretas. Debemos ser conscientes de que estamos nun proceso de cambio onde o importante é asegurar a viabilidade dos proxectos a meio e longo prazo mesmo se iso significa sacrificar algunha release intermedia. Se todos axudamos na tarefa, cun pouco de sorte todo debería entrar segundo o previsto. Por último insistir de novo en mantermos dentro rolda oficial de cada proxecto as comunicacións a él referidas; as prácticas de crossposting que estamos sufrindo estes días únicamente incrementan a confusión derivada do proceso de desmantelamento de Mancomún ensuciando as canles de comunicación colectivas. Este mesmo correo chegaralle por triplicado a algunha xente; pola miña parte tratarei de que sexa o último, empregando a rolda comunitaria como canle de comunicación pública (comunid...@g11n.net). Finalmente: clarexar a quen aínda non pareceu entendelo, que a miña labor de coordenación é plenamente voluntaria. Ninguén está obrigado a colaborar nos proxectos que eu coordeno -polo que eu non podo esixirlle nada a ninguén- igual que ninguén pode esixirmo a min, marcarme tempos ou reprocharme nada alén do que de forma consensual asuma en cada un dos proxectos. Se asumín esta responsabilidade é básicamente por que estando capacitado e dispoñendo de tempo -vantaxes de ser un represaliado político- ninguén máis se ofreceu a facelo. A porta queda aberta dende este mesmo momento, e a meritocracia será a chave que poida abrila, como en calquera outro proxecto de código aberto. Neste sentido, as queixas e lamentos irán directamente a /dev/null a igual que as acusacións, difamacións e demais lixo da que teño constancia de estar sendo obxecto. Saúdos, [0] https://roldas.g11n.net/pipermail/comunidade/2009-October/000006.html [1] Foi proposto iniciar o proceso de creación dunha rolda no dominio gnome.org; se todo vai ben na próxima semana iniciaremos o proceso. Ver: https://roldas.g11n.net/pipermail/gnome/2009-October/000004.html [2] http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2009-October/002723.html -- http://susinho.pagina.de/