> Non teño eu claro que a diferencia entre <q> e <blockquote> sexa a *
> extensión* do contido, senon máis ben o *tipo* de contido que encerran.
> 
> Se entendín ben, as etiquetas <blockquote> e </blockquote> poden conter
> elementos de bloque e as etiquetas <q> e </q> non, independentemente da
> extensión do mesmo.
> 
> Dito de outra forma. As etiquetas <q> e </q> poden encerrar un párrafo de
> tantas palabras como sexa preciso, sempre e cando o texto de ese párrafo
>  non se agrupe en caixas <div>, listas ou calquer outro elemento de bloque.
> 
> Para podes usar ese tipo de etiquetas na estrutura html da cita, emprégase
> <blockquote>.
> 
> Seguro que algún membro da lista ten mellores referencias ca min para
> corroborar ou desmentir isto.

Que eu saiba, a efectos prácticos, <q> utilizaríase para unha cita que formase 
parte dun parágrafo e <blockquote> para unha que fose en si mesma un 
parágrafo.

<p><q>Isto non pinta nada ben...</q>, dixo alguén unha vez, e outra persoa 
dixo outra vez iso de:</p>

<blockquote>Ai! Como chove! Ai! Como venta! Como se molla a tía 
Vicenta!</blockquote>

Responderlle a