Boas

Xosé escribiu:
Hai moitos anos traducín a especificación HTML 4.01 (http://www.w3.org/MarkUp/html4-updates/translations#Galician)

que, evidentemente, hoxe en día está desfasada. Daquela traducira <blockquote> como "citación longa" e <Q> como "citación curta" (debera ser "cita").

Só como referencia.

Estupendo, vexo de o de longa foi acertado, daquela a pregunta sería:
Que é mellor empregar cita ou citación?
Algunha suxestión?

Xosé

O Martes, 27 de Outubro de 2009 20:58:59 Adrián Chaves Fernández escribiu:
Boas:

Leandro Regueiro escribiu:
On Tue, Oct 27, 2009 at 8:25 PM, damufo <dam...@gmail.com> wrote:
Como traduciriades blockquote?
bloque de cita?
cita?

Mirei bloque e non sei se realmente bloque serve
http://www.digalego.com/diccionario/html/index.php?op=ver&id=9894&opci
on =entrada

O texto refirese a un engadido wisiwig para o joomla. Penso que o que
fai internamente é por as etiquetas <bockquote>...</bockquote> ao
texto seleccionado.

Insert blockquote tags around the highlighted text.
Se a dúbida é nesta frase soa non hai problema: "Insire etiquetas
blockquote arredor do texto realzado" xa que blockquote é unha
etiqueta de HTML
si e non.
Se estamos ante un editor (modificador) wisiwig é porque o usuario non
ten, nin quere, saber que é unha etiqueta blockquote polo que neste caso
entendo que hai que dicirlle que é o que fan ou que son ditas etiquetas.

exemplos:
engadir parágrafo: engadiría as etiquetas <p></p>
engadir grosa <strong></strong>
...
engadir cita? <blockquote></blockquote>??
tamén vin por aí cita longa ¿?

"Insire etiquetas de cita longa arredor do texto realzado"??
http://gl.wikibooks.org/wiki/HTML/Formatar_texto#Citas

No wikilibro acerca de HTML usei cita longa por darlle un nome en galego
 (creo que me inspirei no castelán), pero se no contexto non resulta
 evidente que unha cita longa vai entre as etiquetas <blockquote> e
 </blockquote>, procura que quede claro na propia cadea dentro do posible.
 En todo caso, se ven o elemento en si pode chamarse sita longa (ao que
 está entre as etiquetas), as etiquetas en si son etiquetas "blockquote".



Responderlle a