> @Leandro: que te habías librar, si, xa ora!!!. Tócache facer esta
> certificación (decerto que has ter xa algún formato preparado):
>  CERTIFICACIÓN / SOLICITUDE EXENCIÓN IVA ENTIDADES NON DESPORTIVAS
>
> Leandro Detal Edetal, con NIF _________ e domicilio en ___________, da
> localidade de  ____, en calidade de Secretario da entidade Asociación
> Cultural para a Galeguización do Software Libre Proxecto Trasno, con
> CIF ________, domiciliada en Rúa A Plaza, blablabla vid supra de
> Abegondo (A Coruña),
>         CERTIFICO
> Que a entidade Asociación Cultural para a Galeguización do Software
> Libre Proxecto Trasno é unha asociación sen ánimo de lucro e que se
> ampara nos artigos 20.1 e 12º da Lei do IVA.
> Que expido este certificado os efectos de SOLICITUDE DE EXENCIÓN DO
> IVA ante a Administración en Betanzos/A Coruña da Axencia Tributaria.
> E para que constte e xurda os efectos oportunos, asino a presente en
> _____, a %dia% de %mes% de dous mil nove.
>
> Á ADMINISTRACIÓN DA AXENCIA ESTATAL TRIBUTARIA DE BETANZOS (idem que
> no caso anterior, e tamén no final da páxina)

Vale, entendo que despois falo con Miguel do tema...


> Entón, que o que hai que facer é iso, cubrir o modelo 036, o
> certificado e a solicitude e ir a facenda con toda a leria que pon na
> solicitude. Os de facenda (polo menos en Foz), atenden con educación.
>
> Debido á distancia a Betanzos, é mellor que vos encarguedes Leandro e
> Miguel do tema.
>
> Tamén de cara o futuro, penso que sería recomendábel que un membro da
> directiva (o tesoureiro a ser posíbel) for da área da Coruña, aínda
> que cunha sinatura dixital da FNMT arranxaremos moitos problemas.

Ti non te libras :)

Reply via email to