Vou establecer unha metodoloxía de traballo. 

Pídovos que formedes grupos de traballo para ir montando todo iso do que fomos 
falando. Así, os correos relativos á infraestrutura que hai que montar 
marcádeos coma [SISTEMA] na cabeceira etc. Que alguén tome a iniciativa e faga 
de "chairman" en cada grupo de traballo. Senón marco eu quen lidera cada 
iniciativa. 

Prégovos que os que non saibamos dun determinado asunto nos absteñamos de 
comentar nos fíos propios destas discusións. Calquera _opinión_ ó respecto, 
nun fío a parte. 

Do que fostes comentando falouse de:
1. Web: CMS, wiki, blogs/fonte de blogs, calendarios grupais...
2. correo e listas de correos
3. FTP
4. Corpus, glosario
5. SVC ou Forxa

E seguro que esquenzo cousas. 

Eu voume encargar ir reescribindo o contido da web, elaborando un mapa de 
proxectos e xente/actividade nos mesmos. Sobra dicir que podedes axudar nisto 
tamén. 

Saúdos!

Responderlle a