2009/10/30 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
> Vou establecer unha metodoloxía de traballo.
>
> Pídovos que formedes grupos de traballo para ir montando todo iso do que fomos
> falando. Así, os correos relativos á infraestrutura que hai que montar
> marcádeos coma [SISTEMA] na cabeceira etc. Que alguén tome a iniciativa e faga
> de "chairman" en cada grupo de traballo. Senón marco eu quen lidera cada
> iniciativa.
>
> Prégovos que os que non saibamos dun determinado asunto nos absteñamos de
> comentar nos fíos propios destas discusións. Calquera _opinión_ ó respecto,
> nun fío a parte.
>
> Do que fostes comentando falouse de:
> 1. Web: CMS, wiki, blogs/fonte de blogs, calendarios grupais...
> 2. correo e listas de correos
> 3. FTP
> 4. Corpus, glosario

Onde ti pos glosario pon mellor sistema de xestión de terminoloxía...

> 5. SVC ou Forxa
>
> E seguro que esquenzo cousas.
>
> Eu voume encargar ir reescribindo o contido da web, elaborando un mapa de
> proxectos e xente/actividade nos mesmos. Sobra dicir que podedes axudar nisto
> tamén.

Acabo de falalo con Tsao, comentoume que podemos traer o noso hardware
e metelo no seu zulo sen problemas (en principio), así que haberá que
estudar esas ofertas que se fixeron sobre "eu podo conseguir 1 ou 2
ordenadores". Usamos a etiqueta [Servidores] para isto?

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a