>>>> A tradución actual paréceme algo confusa. Ocórrenseme alternativas do
>>>> tipo: «Completa/incompleta»
>>>> «Marcar coma (in)completa»
>>>> «Marcar coma completa/incompleta»
>>>> «Alternar completa/incompleta»
>>>>
>>>> Pouco máis se me ocorre sen coñecer a cadea orixinal,
>>>
>>> Togg&le To-do Complete
>>> Located in koeventpopupmenu.cpp:76
>>>
>>> es Conmutar tarea pendiente comp&letada
>>> fr (Dés)Acti&ver les tâches terminées
>>> pt Comutar o Por-Fazer Comp&leto
>>
>> Grazas Miguel. Creo que os franceses o pillaron. As outras dúas traducións
>> parécenme literais de máis.
>
> Son eu quen está a traducir o KOrganizer. Moitas cadeas "toggle" aparecian
> como "conmutar" ou como "alternar", pero nunca atopei unha tradución
> alternativa que fose satisfactoria. A que propón Miguel pode estar ben nalgúns
> casos, pero non en todos, pois ás veces refírese a que se mostre unha cousa ou
> outra. Mirareino.

O certo é que esas son difíciles de traducir. O mellor xeito é non
intentar buscar unha tradución literal senón interpretar e poñer a
idea do que se quere facer (máis ou menos para este caso é o que
suxire Adrián).

Responderlle a