> 2009/11/4 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> > 2009/11/4 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
> >
> >> >>  O Lurker só é para ver os arquivos. O sistema de listas de correo é
> >> >> Enemies
> >> >> of Carlotta.
> >> >
> >> > Si, certo, mesturei as cousas. Con iso de que o mailman tamén permite
> >> > ver os "históricos" e tal...
> >> >
> >> > Entón, sería posible que se contemplase a opción de un Mailman +
> >> > lurker (por exemplo)?
> >>
> >> Xa que sacastes o tema de Google Apps, o choio ese de Google para ver
> >> os arquivos das roldas de correo está moi ben, pero a rolda terá que
> >> estar nun servidor noso como creo que xa acordamos antes.
> >
> > O que hai que pensar é en optimizar os recursos, telo no noso servidor é
> > algo tan sinxelo como unha tarefa de cron que faga un resgardo periódico.
> 
> Vale. Outra cousa que hai que resolver xa, pero xa, é que temos que
> conseguir que Trasno apareza entre os primeiros resultados dos
> buscadores cando se busca por "traducir software galego", "traducir
> programas galego", "tradución software libre galego" e similares...

Iso non se pode facer con ligazóns agochadas en páxinas persoais e cousas así?

Responderlle a