Ola.

A tradución estouna levando eu.

Moitas grazas polo aviso. Xa está corrixido. Cando saquen a nova
versión, enviareille as cadeas traducidas, xa que os tíos son uns
lentos e tardan bastante e integralo. Así que, cando metan novas
cadeas, xa lle envío as novas traducións con estas correccións.

Arranxei o erro da imaxe.


E con respecto ao seguinte:

«isto significa que non necesita capturar o punteiro do rato para
poder empregalo no seu sistema operativo convidado»

Penso  que ese "seu" sobra.

Cuestión de estilo. Pero podo quitarllo se vos parece.

«--» o uso da raia tamén é dubidoso

É unha aclaración que fan os do aplicativo. En inglés ven así. vos
diredes como proceder, ao mellor sobra o espazo despois dos dous
guións.

«verase com»

Púxenlle como, anque podería ser coma

«Nota:» adicionar un espazo

Xa lle engadín o espazo.

De paso aproveitei para arranxar outras cousas, é unificar o estilo da
tradución. Xa leva unhas cantas melloras dende que a enviei.

Unha aperta.

2009/11/13 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> 2009/11/13 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>> 2009/11/13 Indalecio Freiría Santos <ifrei...@gmail.com>:
>>> Boas,
>>> Usando o virtualbox atopei un erro, adxunto a captura de pantalla.
>>>
>>> Un saúdo.
>>>
>>>
>>
>> «isto significa que non necesita capturar o punteiro do rato para
>> poder empregalo no seu sistema operativo convidado»
>>
>> Penso  que ese "seu" sobra.
>>
>> «--» o uso da raia tamén é dubidoso
>> «verase com»
>> «Nota:» adicionar un espazo
>
> "engadir"
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a